Novas por contido

Despois de ter solicitado en catro ocasións unha xuntanza co delegado territorial de Pontevedra, Cores Tourís, para darlle a coñecer as demandas e a problemática dos empregados públicos da provincia, e despois de ser citados nunha ocasión e posteriormente non recibirnos, o día 24 voltouse a repetir o desaire.

A raiz da publicación na prensa dunha nova sobre a falla de dialogo social por parte do delegado, este decidíuse a recibirnos e citarnos para o día 24. A nosa sorpresa chega cando non é o delegado territorial quen nos recibe senón unha subordinada sen competencia á hora de adoptar decisións políticas ou de adquirir compromisos.

Ante este desprezo esiximoslle a presenza do delegado territorial xa que fumos citados para entrevistarnos con él. A explicación que nos deu foi que “estaba moi liado”. Ao saír da sala atopámonos co escurridizo Tourís intentando sair da delegación no ascensor. Ante a recriminación feita por un dos nosos delegados pola tomadura de pelo que supón citarnos e non aparecer el respondeu cun “De que vas, chaval?”.

Isto constitúe unha mofa e un desprezo non ao noso compañeiro, senón aos miles de traballadores que estaban á espera de que os seus representantes os informáramos do resultado da reunión e da receptividade da Administración ás nosas demandas.

É especialmente grave, a indolencia e inhibición co asunto da Escola Infantil do Edificio Administrativo de Campolongo, pois apenas quedan vinte días para que se pechen os anteproxectos de Orzamentos de cada consellaría e neles non vai incluido a dotación de persoal para esta Escola Infantil.

Tourís non quere Escola Infantil. Non vemos vontade política de loitar pola apertura deste centro, nin de demandar á Consellaría de Traballo as medidas necesarias para a súa apertura. Isto constitúe un despilfarro de recursos, pois a Escola Infantil está feita e só fai falla dotala de persoal.

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...