Novas por contido

No DOG do 16 de setembro a Xunta de Galiza ven de perpetrar outro recorte máis aos dereitos de educación e formación profesional da cidadanía galega. A Consellería do Medio Rural e do Mar publica un Decreto, o Decreto 143/2013, do 12 de setembro, polo que se fixan os presos públicos polos servizos de residencia e comedor prestados nos centros de formación das familias mirítimo´pesqueira e agroforestal, así como os prezos de matrícula na Aula de Seguridade e Salvamento, dependentes desa Consellería.

Os centros afectados son todos aqueles con competencias en materia de pesca especializados en formación marítimo-pesqueira, entre eles a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol, e os relacionados coa formación propia da familia agroforestal, algúns deles con servizos de residencia e comedor ao alumnado que que se matricula neles.

Alí onde só existían prezos vinculados ao seguro escolar e, en todo caso, ao custe de impresos e taxas de secretaría, aparecen, dun xeito case que clandestino, un novo catálogo de prezos, sin nin gún tipo de publicidade e por unhas cantidades que van supor auténticas barreiras á entrada de alumnos e alumnas que non poderán facerlles fronte.

Así, a Xunta prevé cobrar en concepto de “residencia en pensión completa curso escolar completo”, 1.968,00€, ou “sempre que queden prazas vacantes a partir do 30 de setembro, estas poderán ser cubertas con alumnado doutros centros educativos sostidos con fondos públicos, facendo efectivo o seu pagamento por trimestres adiantados e co importe para o curso 2013/14 de 2.875,00€”.

Así mesmo establécense prezos para cursos relacionados coa seguridade (390,00€ o básico de seguridade, teórico, e 290,00€ as prácticas de formación básica de seguridade) , a loita contra incencios (400,00€) ou de embarcacións de supervivencia e botes de rescate non rápidos (450,00€).

Todo isto vai supor a introdución de novos obstáculos para a formación de estudiantes, futuros traballadores e traballadoras, nun sector que estatísticamente está a recibir algúns dos golpes máis duros da crise (altas taxas de desemprego, elevada precariedade e alta incidencia dos contratos a tempo parcial con traballo altamente estacional).

A urxencia, imprevisión e ocultación das medidas adoptadas vense millor se observamos que é o mesmo día do comezo das clases cando a Consellería se descolga cun decreto que establece prezos e sobre o que non houbo anuncio previo.

A norma establece un catálogo de servizos aos que se lles pon prezo pero non existe ningunha regulamentación establecendo as características do servizo prestado. Así, por exemplo, non se define nada sobre a forma en que se van a ofrecer eses servizos os fins de semana ou as características das habitacións para o aloxamento, ratios de persoal...

A imprevisión é tal que tampouco está establecido o mecanismo destinado a valorar as solicitudes, as exencións e os descontos establecidos. Por non facer, nin sequera se fixo un modelo de solicitude para acceder aos servizos que se venden.

Mentres se fan, e se pagan, políticas de imaxe, promovendo unha visión idílica e unha lenda fantástica sobre a bonanza da situación fiscal da Comunidade, o Goberno de Feijoo segue a recortar dereitos da xente traballadora  e dos seus fillos e fillas. E isto último faino ás agachadas.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...