Novas por contido

Recentemente vén de ser producir un cambio na doutrina do Tribunal Supremo, en relación coa figura dos contratos de colaboración social non laborais de persoas desempregadas na Administración.

O cambio doutrinal consiste en que a Administración terá que acreditar documentalmente que os servizos prestados teñen carácter social (até agora isto presumíase no caso das AAPP), non podendo consistir nas tarefas habituais propias da dita Administración. Tamén terá que xustificarse o carácter temporal da contratación non laboral de persoas desempregadas.

Aínda que isto non significa que todas as contratacións non laborais de colaboración social de persoas desempregadas na Administración sexan irregulares, a nova doutrina comporta que todas as contratacións non laborais de persoas desempregadas na Administración que non reúnan estes requisitos poderían convertirse en sentenzas individuais de declaración de relación laboral indefinida non fixa coa Administración contratante.

No caso da Xunta, desde a CIG-Autonómica denunciamos en outubro de 2013 o uso desta figura por parte da C. de Educación, que acolleu persoas desempregadas con contratos non laborais de colaboración social para a tramitación das bolsas de estudo. Ao igual que a Xunta, outras administracións como Canarias ou a Comunidade de Madrid veñen facendo un uso extensivo da contratación non laboral de persoas desempregas para paliar a falla de efectivos debida á taxa de reposición cero.

Esta nova doutrina, por outro lado, pode ter un efecto perverso: dado que os xestores políticos cuxas actuacións causan declaracións xudiciais de relación laboral indefinida non fixa coa Administración non se lles aplica ningún tipo de sanción, podemos atoparnos con que afloren este tipo de contratacións non laborais de desempregados con intencionalidade clientelar, a pesar do seu carácter oneroso para as contas públicas e do evidente prexuízo para o deseño racional da estrutura da Administración.

En razón deste cambio doutrinal do T. Supremo, desde a CIG consideramos que cómpre demandarlle á Administración que se articule un control sindical sobre o uso desta figura da "contratación non laboral" de persoas desempregadas: departamentos nos que traballan "non laboralmente" persoas desempregadas, tarefas que desenvolven, xustificación da temporalidade, etc. Só así se podería evitar que esta figura se acaba convertindo nun coladoiro para fins espurios ao servizo do Goberno de quenda.

Descargar xurisprudencia do Tribunal Supremo sobre contratación non laboral de persoas desempregadas nas AAPP

Descargar o escrito dirixido pola CIG á Dirección Xeral da Función Pública o 11/03/2014 sobre contratación non laboral de persoas desempregadas

 

Outras novas recentes

Venres, 15 Mai 2026

Convocatoria de varias oposicións correspondentes ás escalas técnicas e escalas auxiliares de mantemento e condución

No DOG do 15/05/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de mantemento de servizos. - RESOLUCIÓN do 8 de...
Luns, 11 Mai 2026

Comité de Seguridade e Saúde Laboral do Medio Rural (xuntanza do 24/04/2026)

O 24 de abril de 2026 fomos convocadas á xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral (CSSL) da Consellaría do Medio Rural, cun atraso de máis de 3 meses. Nela tratamos as actuacións nos laboratorios de sanidade animal; a avaliación da maquinaria e o acordo da mesa de traballo da roupa de Agacal; as deficiencias das oficinas agrarias comarcais; a planificación...
Venres, 08 Mai 2026

Persoal Non Docente e Cociñas: Asembleas abertas, días 13 e 20 de maio

A CIG convoca dúas novas asembleas abertas a través de internet para falarmos das condicións de traballo do Persoal Non Docente dos centros de ensino, e do persoal de cociña en xeral. O obxectivo é que a Xunta se sente a negociar coas organizacións sindicais un acordo que regule as condicións laborais deste persoal. As asembleas van ser en dous días e horarios diferentes,...