Novas por contido

Durante os días 5, 6 e 7 de maio de 2014, a Consellería do Medio Rural e do Mar ten previsto realizar as probas físicas e de agudeza visual aos integrantes das listas reguladas polo Decreto 5/2007, do 25 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes ás categorías de persoal laboral dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais, de técnico superior de defensa contra incendios forestais, técnico forestal de defensa contra incendios forestais, xefe de cuadrilla, condutor de motobomba, peón condutor e peón defensa contra incendios forestais (proba física) e ás categorías de vixilante fixo e vixilante móbil (proba de agudeza visual).

 - A data de realización das probas será determinada pola orde alfabética dos apelidos dos aspirantes e será a seguinte para cada provincia:

Data

Letra apelido

5 de maio de 2014

A-B-C D-E-F

6 de maio de 2014

G-H-I-J-K-L-M-N-Ñ-O

7 de maio de 2014

P-Q-R-S-T-U-V-W-X-Y-Z

 -Os lugares de realización das probas, serán os seguintes:   

    A Coruña: Pavillón Polideportivo “Monte Alto”; rúa Alcalde San Jurjo, s/n. A Coruña.

    Lugo: Pistas Deportivas “Gregorio Pérez Rivera (As Pedreiras)”; rúa Filarmónica Lucense s/n. Lugo

    Ourense: Pavillón Polideportivo da Comisaría de Policía. As Lagoas, s/n. Ourense

    Pontevedra: Edificio Administrativo da Xunta de Galicia; avenida Fernández Ladreda, nº 43. Pontevedra.

 -Os aspirantes poderán consultar a partir do día 23 de abril, o día e o lugar de realización das probas na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar, http://medioruralemar.xunta.es (apartado de avisos-forestal).

-Os aspirantes realizarán as probas na provincia do domicilio indicado na súa solicitude de inscrición nas listas. Os que teñan o domicilio fóra de Galicia poderán realizar as probas en calquera das provincias en que pretendan traballar.

-Os aspirantes deberán acudir á realización da proba provistos do DNI e dun certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un colexiado en exercicio no que se faga constar que non presenta enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico. Dito certificado haberá de ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de realización da proba.

 

Outras novas recentes

Luns, 06 Outubro 2025

A Xunta, cómplice de maltrato nas residencias

Dende a CIG apoiamos a loita do Comité de Empresa de Política Social fronte á posición de desleixo e inacción da Cosellaría, incapaz de aportar solución algunha ante o maltrato e as agresións que están a sufrir o persoal das residencias e as usuarias e usuarios.   Dende o Comité de Empresa de Política Social de Pontevedra convocouse o pasado venres 3 de outubro unha...
Martes, 30 Setembro 2025

Campaña de vixilancia da saúde 2025/2026 para persoal non docente de centros de ensino

Aplicable ao persoal docente e non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme ás instrucións deste...
Xoves, 02 Outubro 2025

Persoal non docente de Educación mobilízase por unhas condicións de traballo dignas

Persoal non docente da administración e servizos dos centros de ensino concentrouse na tarde deste mércores, día 1 de outubro, diante das xefaturas territoriais de Educación para reclamar a negociación dun acordo de condicións de traballo que teña en conta as características específicas da prestación deste servizos, a creación dunha estrutura profesional nas cociñas, e...