Novas por contido

No DOG 14/05/2014 publícase unha nova encomenda de xestión da Consellaría de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio para que Tragsatec lle preste "apoio técnico cualificado" á Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Investigación.

A dita publicación no DOG adoece de información substancial sobre cuestións tan básicas como a xustificación técnica da falta de medios propios, a achega de medios materiais e humanos da empresa, o custo económico ou se realizarán os traballos dentro dos centros da propia consellaría. Por outra banda, chama a atención que a publicidade desta encomenda se realiza máis de 4 meses despois do seu comezo.

Actualmente existe unha problemática en materia laboral na Xunta de Galiza, da que é sobradamente coñecedora esta consellaría, de contratacións en fraude de lei e creación de emprego público a golpe de sentenza de indefinición.

Para maior detalle, na última modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) da consellaría de Medio Ambiente (DOG 09/04/2014) creáronse nos servizos centrais da consellaría ata 14 postos de persoal funcionario como resultado da execución de sentenzas de indefinición derivadas de antigas encomendas do grupo de empresas Tragsa; tres postos dos cales están referidos a traballos de apoio á Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Investigación como parte da encomenda citada (predición e difusión meteorolóxica). Se non fora dabondo, amplíase esta encomenda a dous apartados novos (seguimento do estado ecolóxico das augas e control da calidade do ar).

A teórica xustificación das encomendas é a falta de persoal para traballos especializados se ben cando modificou recentemente a súa RPT para executar diferentes sentenzas de indefinición, demostrou que esa especialidade non era tal ao non ser necesario nin tan sequera crear un novo corpo ou escala para encaixar os novos postos. En calquera caso, as continuas renovacións destas encomendas, así como as sentenzas de indefinicións, demostran que estes traballos teñen carácter estrutural e polo tanto deben abordarse a través dunha ampliación de postos na RPT e non a través de encomendas de xestión.

Precisamente o que, en principio, resulta un aforro nos gastos de persoal propio, termina gastándose a maiores a través destas encomendas e remata gastándose como persoal propio, incrementado en gastos adicionais xudiciais e administrativos, ao crear os postos por sentenza xudicial.

É necesario un cambio na política de persoal nesta consellaría, que xunto a Medio Rural, bate records en encomendas de xestión que se renovan “sine die”. E para iso resulta fundamental facer as modificacións lexislativas e orzamentarias oportunas para transferir o gasto das encomendas cara gastos de persoal propio. O caso é saber se hai vontade política por parte da Xunta para poñerlle unha solución definitiva a isto ou prefire esperar a novas sentenzas de indefinición para facelo a remendos.

Tendo en conta a falta de transparencia nestes temas por parte da Xunta así como o abuso do silencio, vimos de poñer en coñecemento público esta situación, así como diante dos grupos parlamentares.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 29 Outubro 2026

BYE, BYE FABIOLA!

Hai despedidas tristes. Cando unha compañeira ou compañeiro de traballo abandona porque non pode manter á súa familia co salario que cobra, ou remata farta e con medo ás agresión que todas e todos sufrimos. eowpzSxtLVM| Nestes últimos tempos, marcados polos conflitos en ensino infantil 0-3, en menores, na discapacidade, en dependencia, en residencias, nos SAF, servizos...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...