Novas por contido

Vimos de ser convocados para Mesa Sectorial de Persoal Funcionario Público e Mesa Xeral para o vindeiro venres 14 de novembro onde a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal trae:

  • Anteproxecto de decreto polo que se aproba o regulamento do sistema de recoñecemento da progresión na carreira administrativa do persoal funcionario e laboral da Xunta de Galiza e da avaliación do desempeño.
  • Proposta de borrador de Acordo entre a Xunta de Galiza e as organizacións sindicais polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I, II e III do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral
  • A proposta de borrador de Acordo entre a Xunta de Galiza e as organizacións sindicais polo que se aproba o procedemento de acceso aos graos I, II e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de baril, do Emprego Público de Galiza, para o persoal funcionario.

Descarga de documentación

Se queres facernos chegar as túas alegación contacta coa CIG

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...