Novas por contido

Nas últimas xuntanzas con representantes da Administración autonómica, a Xunta deixoulle claro á CIG que: vai manter o plus dos altos cargos, vai continuar introducindo  persoal directivo na Función Pública e se nega a poñerlle límite ao custo dos asesores políticos.

Actualmente a Xunta gasta 6,7 millóns de € ao ano en persoal eventual, aquel que segundo a Lei de Función Pública actual é de libre nomeamento das persoas integrantes do Consello da Xunta. Pois ben, ante a proposta austera da CIG de limitar este gasto na propia lei de función pública, a Xunta non só a rexeitou de plano, senón que decidiu eliminar da lei a súa característica de “non permanente” da relación deste persoal. Isto significa que a permanencia deste persoal nomeado a dedo para facer funcións de asesoramento político sairía reforzada.

Por outra banda, a Xunta segue sen cumprir a Lei de Transparencia e boas prácticas que no seu artigo 17 lle obriga a publicar nominalmente na súa páxina web as retribucións públicas percibidas polo persoal eventual, entre outros, con expresa indicación dos diferentes conceptos retributivos.

Ao día de hoxe esa lista non está dispoñible e só a consellaría de Facenda cumpre parcialmente esta obriga ao recoller as retribucións das 2 persoas do total de 8 que hai neste Gabinete.

Estas tres son só unhas pinceladas do que se pretende con esta nova Lei da Función Pública: blindar a Administración autonómica para os intereses de quenes mandan, pensando nos altos cargos, nos asesores políticos ou nos directivos que traen da empresa privada sen pasar unha oposición. Para a CIG estes son claramente 3 exemplos onde a cidadanía reclama austeridade e cuxos cartos se poderían derivar a prestación directa de servizos públicos esenciais.

Por outra banda, este deseño extremadamente politizado da Administración autonómica, redunda, non só nun gasto innecesario, senón contrario aos intereses xerais do noso país. Hai que ter en conta que a proposta actual non só pon por diante os intereses dos altos cargos senón que lesiona a independencia e profesionalidade das empregadas e empregados públicos galegos. Nesa lei proponse a discrecionalización dos seus dereitos e unha "avaliación do rendemento" subxectiva e non profesional co obxecto de defenestrar a súa carreira administrativa e retribucións se non se someten aos ditados políticos.

Outras novas recentes

Venres, 08 Agosto 2025

Previsións de publicación en agosto no DOG de resolucións sobre varios procesos selectivos

Na reunión do día 06/08/2025 a DXEP infórmanos da previsión de publicacións no DOG de resolucións que afectan a varios procesos selectivos. A data de publicación sería a seguinte: - 13/08/2025: nomeamento en destino definitivo das persoas do proceso do grupo I, categoría 32 (técnico/a superior de Arte) - 11/08/2025: modificación da relación de aprobados por concurso e...
Venres, 08 Agosto 2025

Os sindicatos desconvocan a manifestación de axentes do martes 12 de agosto tras os movementos da Xunta

A manifestación de axentes forestais e medioambientais convocada por CIG, CCOO, CSIF e UGT para o martes 12 de agosto queda suspendida tras os compromisos de Medio Rural e Medio Ambiente As organizacións sindicais asistimos o xoves 7 a unha xuntanza coa Conselleira do Medio Rural, na que estaban presentes o D.X. de Montes e o Secretario Xeral Técnico. Expuxemos as...
Mércores, 30 Xullo 2025

A CIG pide a retirada da denominación sexista «Valedor do Pobo» da fachada do edificio da institución

A entidade está a negociar cos sindicatos o seu I Plan de Igualdade, que chega 18 anos tarde ―contando con que a súa aprobación sexa en 2025 A pesar de que dispoñemos cada vez de máis lexislación no eido da igualdade, o seu incumprimento é sistemático por parte das administracións, sen que teña consecuencias que as disuadan do contrario. A lexislación obriga ás...