Novas por contido

O Grupo Parlamentario Popular presentou unha emenda ao proxecto de lei de orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2015 que introduce un novo recorte nas condicións laborais do persoal, neste caso do que presta os seus servizos no SPDCIF (servizo público de defensa contra incendios forestais). Será a maioría absoluta do PP a que aprobe e incorpore o articulado definitivo á lei de orzamentos.

O Comité Intercentros do persoal laboral da Xunta tivera unha xuntanza con todos os grupos parlamentares o pasado martes 11 de novembro. A pesares de que o grupo parlamentar do PP entendeu as penurias dos traballadores e traballadoras que traballan as 24 horas do día e os 365 días do ano, como consecuencia da suspensión do artigo 19.1º parágrafo do Convenio Colectivo (a saber, descanso de dous días continuados á semana e compensación dos domingos e festivos traballados), e sendo que a suspensión do dito artigo 19 non afectaba ao persoal do servizo contra incendios por teren estes o seu propio acordo, o PP introduce no último momento do trámite parlamentar unha disposición adicional, a décimo terceira, para incrementar a precarización das condicións de traballo.

Dita adicional, a maiores de manter a suspensión do artigo 19 do V Convenio, tamén suspende o artigo 3.3.8 do acordo polo que se establecen as condicións especiais de traballo do persoal do SPDCIF, o que supón que, coa entrada en vigor da lei dos orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2015, este persoal da loita contra incendios terá un descanso semanal de día e medio en lugar dos actuais dous días que tiñan ata agora.

Polo ben dos nosos bosques, polo ben de Galiza, tan só podemos desexar que veña un verán húmido e fresco, porque vai ser difícil exixirlle máis esforzo a quen chega a ter unhas xornadas laborais excesivas, mal comidos e mal bebidos no medio do monte, ao tempo que se lle reduce o descanso.

Se por nos fora, mandabámolos a eles a apagar o lume, a limpar cueiros, a atender as persoas con deficiencia ou dependencia, a limpar letrinas, .. Veriamos como o cansancio e a falta de descanso facialles mudar de opinión.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...