Novas por contido

O luns 8 de xuño mantivemos unha reunión coa Administración sobre as bases das convocatorias de acceso libre de corpos xerais (A1 e A2 da OEP 2013, e C1 e C2 da OEP 2015). O martes 9 de xuño tivemos a Mesa Xeral de Negociación sobre este asunto. A Administración apenas moveu ficha e case non aceptan ningunha das nosas alegacións.

A quenda de promoción interna (subgrupos A1 e A2) desaparece de facto ao ser similar á de libre, e ademais as prazas que non se cubran, que supoñemos que serán todas, se acumularán as de libre. Tampouco deixan participar ao persoal das escalas. Non admiten reducción do temario nin de probas, nin que estas sexan obxectivas. Contámosche brevemente o que admiten e non admiten das nosas alegacións.

Non admiten:

 

  • Que o sistema selectivo idóneo para os procesos selectivos a convocar debe ser o de concurso-oposición.
  • acumulación de prazas das OEP's non executadas. En concreto que se sumen á convocatoria as prazas dos Corpos Superior (30 prazas) e de Xestión (9 prazas) da OEP de 2015.
  • Que as prazas de promoción interna que non se cubran teñen que acumularse á próxima convocatoria de promoción interna tal e como se viña facendo ata o de agora, e non á de libre.
  • Que o persoal das escalas poida participar na promoción interna (por reciprocidade).
  • Que todas as probas sexan obxectivas.
  • Que no caso dos grupos A1 e A2, na quenda de promoción interna exista unha redución ou exención de, polo menos, unha das probas.
  • Que no caso do segundo exercicio do grupo C2, a proba práctica verse unicamente sobre o coñecemento do paquete ofimático LibreOffice 4.2.4, e en vez de fomentar o uso de software libre seguen promovendo as alternativas de pago.
  • Que a puntuación da primeira proba, en todos as convocatorias, por ser a máis obxectiva, deba ter unha puntuación maior. Só o admiten no caso do grupo C2.
  • Unha redución e racionalización de temarios, excepto para sinalar as partes do programa sobre as que versará o primeiro exame.
  • Que se a redución de temarios é necesaria nas probas de acceso libre, no caso da promoción interna estaría máis que xustificado a supresión a maiores dos temas que foron obxecto de exame nos procesos de acceso ao corpo inferior.
  • Que dada a situación de crise económica creada polo capital financeiro internacional e español, o aumento considerable do número de desempregados na Galiza nos últimos anos, e a situación de penuria pola que pasan moitos dos cidadáns galegos, e por ende, as persoas aspirantes, exista unha exención total das taxas para estes procesos selectivos.
  • Que sexa imprescindíbel facer as probas en galego ou que, cando menos, unha das probas se realice exclusivamente en galego, único xeito real de demostrar os coñecementos da lingua propia de Galiza. Estabelecer a exención en base a un título sería equivalente a eximir dos exames de lexislación as/os licenciadas/os en Dereito. Supoñemos, ademais, que cunha taxa de paro de preto do 25% no noso país sería unha forma de primar o acceso ao emprego da cidadanía galega con respecto a outras rexións e nacións do Estado.
  • Que os tribunais sexan nomeados por sorteo.

Admiten:

  • Actualizar os temarios da EGAP, pero non que sexan vinculantes para os tribunais, senón orientativos.
  • Aumentar o tempo de realización dos primeiros exercicios a 180 minutos o grupo A1, 120 o A2 e 100 o C1 e C2 e acotar a materia dos primeiros exames así como aumentar o tempo do segundo exercicio do grupo C2 a 40 minutos.
  • Reducir a puntuación da segunda proba (ofimática) do grupo C2 a 10 puntos.

Van estudar:

  • Que se inclúa nas bases que a publicación do nomeamento do tribunal no DOG se fará ”nun prazo máximo de.... meses dende a publicación da convocatoria”.
  • Indicar unha data mínima de realización do primeiro exercicio, incluíndo nas bases coma en anteriores convocatorias a expresión “non antes de....nin despois de...”. 
  • Que figure nas bases que a adxudicación sexa nun destino definitivo, o único xeito de evitar a sensación de inseguridade que produce a adxudicación dun destino provisional.
  • O compromiso de que no prazo dun ano dende o seu inicio estarían resoltos os procesos selectivos. Débese comezar a regular os prazos dos procesos selectivos para que estes non se eternicen e sexan máis rigorosos tendo en conta que houbo procesos que se prolongaron durante tres anos.
  • Que nas bases se recolla:”...contra a resolución pola que se aproban as listaxes definitivas de aspirantes admitidas/os e excluídas/os poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo dun mes contado dende o día seguinte..................ou interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante........”.

Descargar borradores discutidos na Mesa Xeral do 9/6/2015

Outras novas recentes

Martes, 28 Xullo 2026

Plantón sindical na Mesa Xeral pola non negociación dun acordo para o Persoal Non Docente

A Consellería da Imposición e falta de Educación, segue a mofarse do Persoal da Administración e Servizos dos centros educativos, e levan á Mesa Xeral de negociación a modificación da relación de postos de traballo (RPT), sin propoñer nin dar datas de cara á negociación dun Acordo Marco de condicións de traballo para o persoal non docente dos centros, motivo polo que xa...
Martes, 04 Agosto 2026

Que vaia facendo balance quen asinou este simulacro de plan de igualdade!

A CIG reclama o rexistro retributivo, imprescindíbel para analizar a fenda retributiva entre mulleres e homes.No mes de xuño a CIG solicitou o rexistro retributivo do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma do ámbito subxectivo do I Plan de Igualdade da Xunta de Galiza, que afecta a máis de 26.000 persoas.A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración do Persoal...
Martes, 28 Xullo 2026

Asistencia a sinatura electrónica. Procesos selectivos agronómica, agrícola, obras públicas, informática e arquivos (CP 23/07/26)

Emprego Público pasa outra vez o rolo e aproba varios procesos selectivos co voto en contra de todas as organizacións sindicais Na Comisión de Persoal (CP) do 23 de xullo constátase unha vez máis o desprezo negociador da Dirección Xeral de Emprego Público (DXEP) que usa ás organizacións sindicais, representantes lexítimos do persoal da Xunta de Galiza, como meros...