No DOG do 27/11/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de persoal de servizos xerais, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro).
- RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2026 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor, das persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) e do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro).
Nomean persoal funcionario de carreira as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan nos anexos destas resolucións, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran nos mesmos anexos.
Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas as que se refiren os anexos destas resolucións deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo.
O prazo posesorio para o persoal aspirante que superou algún dos procesos a que se refiren estas resolucións será de quince (15) días naturais a partir do 15 de decembro de 2026.