Novas por contido

Desde a CIG-Autonómica, ante a falla de difusión por parte da administración da existencia dun seguro para os accidentes acontecidos en tarefas de extinción de incendios forestais, trasladamos a seguinte información da cobertura existente:

En virtude da Lei 43/2003, de 21 de novembro, de Montes (B.O.E. de 22 de novembro), do seu regulamento aplicable e da Orde Ministerial de 21 de xuño de 1977 (B.O.E. de 2 de xullo) e sucesivas actualizacións e modificacións, o Consorcio de Compensación de Seguros é a aseguradora dos accidentes producidos en Incendios Forestais, sendo o Tomador o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente a través da Dirección General de Desarrollo Rural y Política Forestal e os asegurados aquelas persoas que sufran accidentes corporais co motivo da súa participación nos traballos de extinción de Incendios Forestais.

Polo tanto, se se produciran danos nas persoas como consecuencia da súa colaboración na extinción de incendios forestais, o accidentado, o beneficiario ou o seu representante deberá formular tan pronto como lle sexa posible, dacordo co previsto na Lei 50/1980, de 8 de octubre, de Contrato de Seguro, a oportuna reclamación ao Consorcio de Compensación de Seguros. Subdirección de Seguros Agrarios. Pº de la Castellana, 32. 28046 – Madrid.

A cuantía da indemnización está regulada pola Orden Ministerial de 3 de agosto de 2001

* Podedes ampliar a información nos seguintes enderezos electrónicos:

Para calquera dúbida ou aclaración do comentado neste documento, ponte en contacto con nós.

Outras novas recentes

Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...