Novas por contido

No DOG do 26/12/2013, vén de se publicar a Resolución da EGAP do 18 de decembro de 2013 pola que se publica o Plan de formación do persoal ao servizo da Administración autonómica, da Administración local e da Administración de xustiza de Galicia para o ano 2014.

Os cursos formativos dispoñibles, cuxa listaxe pode consultarse nesta ligazón, ofertaranse nas sucesivas convocatorias ao longo do ano 2013, pero cunha importante observación que recolle a propia Resolución da EGAP: esta resolución ten carácter informativo e que a execución das accións recollidas nela queda condicionada á existencia de crédito orzamentario. 

Non deixa de ser exemplificativo de como se está a gobernar a Administración, cando unha Resolución publicada no DOG prevé a posibilidade de ser incumplida por falta de crédito. 

Acceder á Resolución da EGAP

Outras novas recentes

Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...