Novas por contido

No DOG Núm. 163 do Martes, 29 de agosto de 2017, a EGAP publica a convocatoria do curso monográfico Modelos de comunicación cos residentes: como comunicarse cos residentes con demencias.

O principal obxectivo do curso é favorecer o desenvolvemento de estratexias de comunicación efectiva e afectiva, promovendo unha intervención comunicativa eficaz coas persoas con demencias, a través da integración das técnicas de comunicación emocional. O curso diríxese ao persoal empregado público das administracións públicas galegas, en situación de servizo activo ou asimilada, que se dedique á atención a persoas maiores ou persoas con discapacidade dependentes, tanto en centros prestadores de servizos sociais coma en servizos de atención domiciliaria.

O curso, de 15 horas lectivas e 35 prazas, impartirase de xeito presencial na EGAP en Santiago de Compostela os días 25, 26, 27 e 28 de setembro de 2017. O horario será de tarde.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP (https://egap.xunta.gal/matricula/). O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.00 horas do día 18 de setembro de 2017.

Outras novas recentes

Luns, 27 Outubro 2025

Fondo de Acción Social do ano 2024: listaxe definitiva de axudas aprobadas e denegadas

No DOG do 27/10/2025 publican a RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se anuncia a exposición das listaxes definitivas de axudas aprobadas e denegadas dos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do exercicio económico 2024, relativos á axuda para a atención de persoas con discapacidade....
Luns, 27 Outubro 2025

Sentenza histórica! O Supremo obriga a incluír nas pagas extras as gardas, nocturnidade, domingos e festivos

A CIG-Autonómica esiximos á Xunta de Galiza que aplique de oficio a sentenza do Tribunal Supremo nº 820/2025, do 25 de xuño, e que retribúa de forma completa e con carácter retroactivo os complementos salariais polas gardas, quendas, nocturnidade, domingos e festivos. O Tribunal Supremo vén de establecer que cando as gardas, nocturnidade, domingos e festivos ou...
Mércores, 22 Outubro 2025

Aprobadas as convocatorias de promoción interna de corpos xerais, e modificación puntual RPT PS (CP 21/10/25)

Asistimos á Comisión de Persoal do 21/10/25, onde quedaron aprobadas as bases dos procesos selectivos de promoción interna a corpos xerais (A1, A2, C1 e C2). Tamén quedou aprobada unha modificación puntual da RPT de Política Social para executar unha sentenza que afecta a tres postos da escala de Traballo Social. Na rolda aberta de intervencións falouse das prazas “con...