Novas por contido

A Xunta de Galiza pon en risco a saúde da poboación galega pola pésima xestión da sanidade ambiental. A Consellería de Sanidade négase a instaurar un sistema de alertas para controlar e xestionar mellor os brotes hídricos de gastroenterine como o de Corme.

CIG, CCOO, CSIF e UGT denuncian que o brote hídrico de gastroenterite que se ven producindo dende o 26 de setembro en Corme, que afectou a deceas de veciños da localidade, con vómitos e diarreas, foi xestionado incorrectamente polos responsables da Consellería de Sanidade.

Unha vez mais non se entende que un brote de gastroenterite iniciado o sábado 21 de setembro, non se investigase ata o luns 23, expoñendo durante varios días a poboación a riscos para a súa saúde.

Denunciamos que non se adoptaran de xeito inmediato as medidas necesarias para o seu control, nin se recollesen as mostras de auga durante eses días para evaluar a súa orixe, a súa incidencia e a súa evolución.

Tamén resulta insólito que a Consellería de Sanidade agarde ata o luns 23 de setembro para activar a alerta sanitaria, e enviar aos inspectores farmacéuticos de saúde pública a inspeccionar e evaluar o incidente, así como a determinar a sua gravidade e a instaurar as medidas correctoras necesarias para o seu control sanitario, e protección da poboación.

Unha vez mais, e xa van moitas, a Consellería de Sanidade, é incapaz de dar unha resposta en tempo e forma a este tipo de alertas sanitarias, por negarse sistemáticamente a negociar coas organización sindicais un sistema de gardas para que os Farmacéuticos Inspectores de Saúde Pública poidan actuar neste tipo de emerxencias tódolos días do ano.

CIG, CCOO, CSIF e UGT emprazan a Consellería de Sanidade a convocar inmediatamente a comisión de seguimiento do acordo de dispoñibilidade horaria, asinado o 23 de novembro de 2016, que permite abordar o problema da falta dun sistema de alertas sanitarias, que demandas as organizacións sindicais e os propios inspectores farmacéuticos, para dar un mellor servizo e protección a poboación en todo o que atinxe a sanidade ambiental.

Outras novas recentes

Xoves, 02 Outubro 2025

Persoal non docente de Educación mobilízase por unhas condicións de traballo dignas

Persoal non docente da administración e servizos dos centros de ensino concentrouse na tarde deste mércores, día 1 de outubro, diante das xefaturas territoriais de Educación para reclamar a negociación dun acordo de condicións de traballo que teña en conta as características específicas da prestación deste servizos, a creación dunha estrutura profesional nas cociñas, e...
Mércores, 08 Outubro 2025

Paros laborais por Palestina. O 15 de outubro, tamén no traballo paremos o xenocidio!

Dende a CIG convocamos unha xornada de loita o 15 de outubro contra o xenocidio do pobo palestino. Chamamos a secundar os paros laborais de catro horas por quenda e a concentrarse nos centros de traballo, nas cidades e nas vilas do País. Anunciamos publicamente a convocatoria dunha xornada de paro xeral en Galiza para o vindeiro 15 de outubro para reclamar a fin do...
Martes, 30 Setembro 2025

Campaña de vixilancia da saúde 2025/2026 para persoal non docente de centros de ensino

Aplicable ao persoal docente e non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme ás instrucións deste...