Novas por contido

A CIG ven de presentar denuncia ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social tras o restablecemento do sistema de visitas a residentes na Residencia do Maior Nosa Sra. dos Milagres (Cabeza de Vaca), Barbadás-Ourense.

O espazo habilitado para a realización das visitas é a capela da residencia. Dito espazo foi imposto sen consultar ao Comité de Empresa nin ao Comité de Seguridade e Saúde, dándose a circunstancia que dito lugar non é acaido para recibir visitas e incumpre os protocolos de seguridade e saúde laboral. 

Como é evidente, os residentes, son persoas especialmente sensibles ao COVID-19 tanto polas súas patoloxías como pola súa idade. A maiores unha porcentaxe significativa teñen problemas de mobilidade. 

A CIG solicita:

  1. Revisión e actualización da avaliación de riscos laborais ao risco biolóxico de COVID19, con especificación dun plan preventivo na que se aborden cuestións como un plan de limpeza na sala adaptada ás visitas, sinalización do espazo, información ás persoas visitantes...

  2. Adaptación do espazo a utilizar para visitas con tódalas medidas de seguridade necesarias para evitar un posible contaxio.

Dende a CIG preguntámonos, ¿ímonos arriscar, despois de tanto esforzo por parte das traballadoras e traballadores, a sufrir un contaxio masivo?

Consellería de Política Social, poña os medios de protección necesarios e non arrisque máis a vida das nosas persoas maiores e do seu persoal.

Outras novas recentes

Martes, 30 Decembro 2025

RPT AGACAL 19/12/2025

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria convócanos por fin a negociar, pero a orde de puntos a tratar é insuficiente e…..interesada? Creación dunha praza de xefatura de sección de habilitación A creación da praza, según nos trasladan, responde a unha inaxeitada dotación de persoal na creación da axencia que agora intentan corrixir. Están a recibir axuda para a xestión das...
Martes, 30 Decembro 2025

Fin do bloqueo á xubilación anticipada de axentes ambientais: regúlanse as cotizacións

Publícase o Real Decreto-lei que regula as cotizacións adicionais do persoal bombeiro forestal e axentes ambientais e que desbloquea a xubilación anticipada do persoal axente ambiental A CIG-Autonómica valora positivamente a publicación no BOE do Real Decreto-lei 16/2025, do 23 de decembro, que regula as cotizacións adicionais para axentes forestais, ambientais e persoal...