Novas por contido

E contratan persoal a través de Infojobs, en vez de a través das listas de contratación da Xunta

Segundo o propio DOG, o obxecto da encomenda é a execución do servizo técnico cualificado para a análise e informe das intervencións que se pretendan realizar en bens de interese cultural ou catalogados, así como, de ser o caso, no seu contorno de protección ou na súa zona de amortecemento.

Este traballo tería que ser realizado por arquitectos e arqueólogos funcionarios, pero externalízase a unha suposta empresa pública que, en primeiro lugar, non ten entre os seus fins realizar un traballo deste tipo. En segundo lugar, non ten persoal propio para executalo e tivo que realizar a contratación a través dun famoso portal web (Infojobs) e mediante un sistema de selección máis que cuestionable (entrevistas persoais).

Prefiren esta forma de funcionamento fronte a persoal que estudou e superou unha oposición porque non cren no público. Mentres tanto, na Consellería de Cultura e Turismo hai creadas tres prazas de arquitecta/o e tres prazas de arqueóloga/o que seguen baleiras e sen cubrir desde que se crearon (unha delas desde 2017! e as restantes desde decembro de 2019). Prazas que, se están creadas, xa que logo están dotadas economicamente, polo que non hai escusa para non cubrilas.

A encomenda de xestión fíxose por primeira vez en 2018 e desde entón vénse renovando de continuo, por períodos de tres, catro ou seis meses, de xeito que xa parece formar parte do funcionamento normal da administración.

Estas son as cifras que recolle o DOG:

 

2018
DOG do 13 de xullo (seis meses desde o 18 de xuño) ???????
2019
DOG do 25 de marzo (catro meses desde o 1 de marzo) 148.264,87 €
DOG do 15 de xuño (seis meses desde o 1 de xullo) 159.995,28 €
TOTAL 308.260,15 €
2020
DOG do 9 de xaneiro (tres meses desde o 1 de xaneiro) 181.735,05 €
DOG do 7 de maio (tres meses desde o 1 de abril) 214.211,80 €
DOG do 9 de xullo (seis meses desde o 1 de xullo) 309.989,45 €
TOTAL 705.936,30 €

 

Aínda que non se publicaron os datos de 2018, é evidente o incremento orzamentario estase a multiplicar anualmente, ao máis que duplicar a partida destinada este ano 2020 (máis de 700.000 €) á do ano 2019 (300.000 €).

Duplicar o gasto público a maiores do orzamentado en prazas xa creadas é mostra dunha administración INEFICIENTE e contratar a través de bolsas de emprego piratas é síntoma dunha administración CLIENTELAR.

 

AVISO A NAVEGANTES

Finalmente queremos deixar constancia para todos aqueles que poidan ter responsabilidade neste asunto, tanto na xestión inicial da encomenda como na xestión do novo persoal que comeza a traballar a través de Infojobs (xa sexa quen facilita un correo corporativo a este persoal, quen dea ordes directas, quen ceda medios propios da Xunta, quen organice o seu traballo, etc) que o artigo 28 da LEPG advirte que "Incorrerán en responsabilidade, nos termos previstos por esta lei, as persoas que coa súa actuación irregular dean lugar á conversión en indefinida dunha relación laboral de carácter temporal ou á adquisición da condición de empregado público por unha persoa que non a teña."

E nós, a CIG, imos a estar vixiantes de que esta responsabilidade se cumpra.

Outras novas recentes

Martes, 28 Outubro 2025

Convocatorias de concursos-oposicións de promoción interna aos subgrupos A1, A2, C1 e C2

No DOG do 28/10/2025 publican: - RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1. - RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna,...
Luns, 27 Outubro 2025

Bases do concurso de educacion infantil + aux. coidador/a (borrador 27/10/25)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal achéganos as bases e o listado de prazas do concurso de traslados das especialidades de educador/a infantil (técnicos/as facultativos e axentes técnicos/as facultativos) e da excala de auxiliar de coidadores. Os sindicatos temos prazo para presentar alegacións ata o luns 3 de novembro, así que se tes algo que...
Venres, 31 Outubro 2025

Asina a PNL pola claúsula de garantía salarial!

Na CIG consideramos unha promesa baleira o anuncio do Goberno de negociar un acordo salarial e chamamos á mobilización para acadar incrementos dignos que permitan reverter a perda de poder adquisitivo. Ademais, iniciamos unha campaña de recollida de sinaturas para avalar a PNL coa que demandamos unha cláusula de garantía salarial vinculada ao IPC para todo o persoal...