Novas por contido

A Xunta ten que protexer ao seu persoal fronte a Covid, identificando ao virus como risco biolóxico do grupo 3 nas Avaliacións de riscos laborais.

Entra en vigor a Orde TES/1180/2020, do 4 de decembro, por la que se adapta o Real Decreto 664/1997 coa incorporación do Sars-Cov-2, responsable da Covid 19, como risco biolóxico de grupo 3 na lexislación laboral.

Na CIG demandamos a necesidade de adaptar as Avaliacións de riscos laborais ao risco biolóxico da Covid 19, xa que o 3 de xuño a Directiva (UE) 2020/739 xa establecera unha categoría de risco de contaxio máis elevada que a prevista nas Avaliacións que estaba a realizar Cualtis. Os seus efectos son, por exemplo, a identificación de a qué postos e cando se ten que proporcionar máscaras FPP2 ou establecer maiores medidas fronte aos aerosois.

Así tamén o constatou a inspección de traballo en varios requirimentos e resolucións, ante as denuncias da CIG á Xunta, onde indica "[..] debe atenderse a sua clasificación como AB do grupo 3, ante a modificación aprobada pola Comisión Europea [..]".

A consideración do axente biolóxico nun ou noutro grupo responde a capacidade infecciosa, segundo o criterio de capacidade que ten o virus para acusar unha enfermidade e a súa gravidade, a posibilidade da sua propagación e que exista ou non unha profilaxe ou tratamento eficaz. En definitiva, esta declaración, é a que serve para determinar as medidas preventivas e de protección dos traballadores contra os riscos para a súa saúde.

A pesar do anterior a Xunta fixo caso omiso pasando por riba sen escrúpulos do deber de protección do seu persoal fronte este risco laboral e do principio de precaución que o rexe.

Agora non lles queda outra: o 10 de decembro de 2020 incorporouse á normativa laboral directa coa modificación do anexo II do Real decreto 664/1997, de 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo. Así o termo «Coronaviridae», con clasificación no grupo 2, substitúese polos seguintes termos e clasificación no 3: “Coronaviridae (F) Betacoronavirus (G) Coronavirus del síndrome respiratorio agudo grave (SARS-CoV) Coronavirus del síndrome respiratorio agudo grave 2 (SARS-CoV-2)(1) ..”

En conclusión, a Xunta ten que modificar e elaborar urxentemente adecuadas Avaliacións de riscos laborais dos centros de traballo cos seus protocolos ou plans para establezan as medidas preventivas reais ao risco do virus da Covid 19 (grupo 3).

Outras novas recentes

Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...