Novas por contido

O Goberno de Feijoo decidiu incrementar o nivel retributivo das seis xefaturas de Unidade de inspección de Atriga, que pasan do nivel 26 ao 27, e das 12 subxefaturas de Unidade de inspección, que incrementan do nivel 24 ao 25.

A proposta de modificación da RPT de Atriga foi aprobada na Comisión de Persoal do mércores 24 de marzo, co voto en contra de CIG e CSIF, abstención de CCOO e voto favorable de UGT.

A proposta votada inclúe a apertura a A2 (escala técnica de finanzas) dos cinco postos de delegado/a de Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, que só podían ser cubertos por A1. Tamén supón a retirada do mérito por “experiencia en materia tributaria” en 22 postos (todos de A1 e A2).

A CIG non se opón ao incremento retributivo destas 18 xefaturas e subxefaturas de unidade de inspección. Apoiamos tamén as aperturas decididas (A1/A) e a retirada das experiencias na RPT.

Porén, .. non hai máis traballadores e traballadoras que tamén se merecen ver melloradas as súas retribucións? Non sería procedente unha negociación máis global dos niveis retributivos de todos os postos? 

Satisfácenos a mellora destes compañeiros e compañeiras. Pero os responsábeis políticos de Atriga e Función Pública néganse a falar sobre as retribucións do conxunto do persoal, de Atriga, e da totalidade da Administración galega.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Xoves, 19 Novembro 2026

Aplicación do Decreto 37/2006 e listas definitivas de PSX e xerocultura

No DOG do 19/11/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dispón a aplicación do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, na cobertura dos postos do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servizos xerais (PSX), e do corpo de auxiliares...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...