Novas por contido

No DOG do 08/10/2021 publican a Resolución do 6 de outubro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a relación de persoas excluídas con carácter provisional das listas únicas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario de determinados corpos, escalas ou especialidades, resultantes da transformación de oficio de listas das categorías profesionais laborais equivalentes, ao abeiro do establecido no artigo 4.2 da Orde do 20 de xullo de 2021.

A relación provisional de excluídos/as pode consultarse no web de Función Pública, no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012 e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galiza.

Nesta relación provisional figuran exclusivamente os solicitantes admitidos/as nas listas de categorías profesionais laborais que non cumpren os requisitos legais exixidos para seren admitidos nas listas únicas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades declaradas equivalentes, que non resultasen penalizadas o 15 de xullo de 2014 ou con anterioridade a esta data.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda e Administración Pública, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Corpos, escalas e especialidades que se relacionan no anexo I:

  • A1 208F Escala de facultativos. Especialidade medicina
  • A1 208G Escala de facultativos. Especialidade psicoloxía
  • A1 208H Escala de facultativos. Especialidade pedagoxía
  • A2 208A Escala técnica de facultativos. Especialidade enfermaría
  • A2 208C Escala técnica de facultativos. Especialidade educadores
  • A2 208B Escala técnica de facultativos. Especialidade fisioterapia
  • A2 208E Escala técnica de facultativos. Especialidade traballo social
  • A2 208D Escala técnica de facultativos. Especialidade terapia ocupacional
  • B 208J Escala de axentes técnicos facultativos. Especialidade xardín de infancia
  • C2 20A3 Escala de auxiliares de clínica

Outras novas recentes

Mércores, 08 Outubro 2025

Paros laborais por Palestina. O 15 de outubro, tamén no traballo paremos o xenocidio!

Dende a CIG convocamos unha xornada de loita o 15 de outubro contra o xenocidio do pobo palestino. Chamamos a secundar os paros laborais de catro horas por quenda e a concentrarse nos centros de traballo, nas cidades e nas vilas do País. Anunciamos publicamente a convocatoria dunha xornada de paro xeral en Galiza para o vindeiro 15 de outubro para reclamar a fin do...
Martes, 14 Outubro 2025

A CIG reúnese coa consellería de Educación polo persoal non docente e as cociñas

O pasado venres 10 de outubro a CIG Autonómica mantivo unha reunión coa consellería de Educación pola situación do persoal non docente dos centros de ensino e as escalas de cociña. Esto foi despois de moitas solicitudes, e de ser necesario chegar á mobilización e o conflito, cunha manifestación en Compostela a finais do curso pasado e as concentracións en todos os...
Martes, 14 Outubro 2025

Manifestación de bombeiras/os forestais en Madrid o 18 de outubro

A CIG, que participa coa Plataforma de bombeiras e bombeiros forestais nesta loita, chama a todas as compañeiras e compañeiros do colectivo a participar nesta manifestación. COMUNICADO A realidade golpea con contundencia, as condicións climáticas mostran o novo camiño dun novo escenario moito máis complexo no mundo dos incendios forestais e as diversas continxencias que...