Novas por contido

A CIG ven de interpoñer recurso contencioso administrativo contra o decreto da Oferta de Emprego Público da estabilización de 2022. 

Ante o baile de prazas e a ineptitude da Xunta para interpretar os obxectivos da Lei 20/2021 de estabilización do emprego público, o 22 de xullo interpuxemos recurso contencioso administrativo co fin de que se aplique correctamente esa norma aprobada polo Parlamento español. 

Teñen que emerxer as prazas que deben ser, e corrixir os erros que xa transmitimos as organizacións sindicais. Como exemplo, as prazas da disposición adicional oitava, os problemas de titulacións e incluso ausencias completas ou mal encadradas nos diferentes procesos de estabilización. 

Xustiño apenas unha semana despois do noso recurso, Función Pública envía o listado de prazas definitivas.

Outras novas recentes

Mércores, 18 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais, destinos veterinarios/as, gardacostas, PSX, funcionarización en excedencia (CP 17/11/26)

Na Comisión de Persoal do 17 de novembro votáronse as convocatorias de procesos selectivos de promoción interna para o corpo superior A1, corpo de xestión A2, e corpo auxiliar C2 . O noso voto foi en contra das bases desas convocatorias xa que non estamos conformes coas restricións do número de prazas, de escalas nin de recualificación dos postos ou dalgún sistema que...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Xoves, 19 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (19/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigracion, convocounos a outra xuntanza, que vai ser o xoves 19 de novembro, para continuar coa sú aproposta de modificación da Relación de Postos de Traballo. Para esta xuntanza, a Consellería achegounos documentación complementaria que podes consultar aquí: Descargar Se queres dicirnos algo, podes contactar coa CIG.