Novas por contido

A Consellería de Medio Rural traslada a sua Oficina Rural (antes oficina agraria comarcal-OAC) do centro de Verín para o Polígono de Pazos afastando o servizo publico da cidadanía, que tampouco ten transporte público

Apenas faltan uns días para o traslado ás novas instalacións dos servizos agrarios comarcais no polígono de Pazos. Esta nova localización da oficina rural non contenta nin a persoal nin a usuarios, que se teñen que trasladar perdendo a proximidade e empeorando o servizo publico esencial que hoxe a vila Verín.

A falta de transporte público cara este polígono complica as tramitacións sinxelas que hoxe se fan directamente, sen cita previa e apenas nunha hora. Como pode ser que as persoas teñan que desprazarse en taxi para solicitar un carné de aplicación de fitosanitarios, volver a Verín para pagar as taxas e logo ir por segunda vez a oficina rural do polígono? Outras tramitacións como dar de alta un galiñeiro, solicitar un permiso de corta ou queima, calquera trámite relacionado co viñedo, etc, vaise complicar de xeito insostible para a cidadanía.

O portelo da Xunta en Verían, a oficina agraria comarcal da Alameda funciona na práctica de rexistro xeral da Xunta, e as persoas que necesitan facer calquera trámite coa Xunta de Galiza acoden a estas oficinas, polo que non só se trasladan os servizos agrarios senón que Verín queda sen a súa oficina pública de rexistro.

Perde o servizo público e gañan as xestorías privadas co custe engadido para o/a administrado/a. Esa é a realidade dun futuro próximo. E non valen as campañas de propaganda do conselleiro de Medio Rural que mentres vende oficinas móbiles traslada as oficinas tradicionais ben situadas e con implantación social a un polígono industrial sen accesos e sen servizos públicos.

Asi se a todo isto sumámoslle a obriga acelerada de administración dixital que implanta esta consellería nos trámites do rural, as oficinas agrarias teñen os días contados, e este traslado é o primeiro paso para o seu desmantelamento.

Na CIG opoñémonos ao traslado desta oficina e solicitamos unha volta ao sentidiño da Consellería do Medio Rural, deixando a oficina onde está, na Alameda de Verín (Praza de García Barbón), e que ademais se promova a atención directa ás persoas usuarias, que son na maior parte das veces persoas de idade avanzada con menor acceso as tecnoloxías e a mobilidade.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...