Novas por contido

No DOG do 21/06/2024 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2024 pola que se convoca o programa de autoformación para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galiza, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galiza (SUG).

Convocan as actividades do programa de autoformación que figuran nesta resolución, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas nos anexos I e II.

A inscrición para o acceso aos contidos poderá facerse en calquera momento a partir do 23 de xullo de 2024, día seguinte ao da finalización do prazo de matrícula da proba de avaliación das actividades do programa de autoformación.

Poderase acceder aos ditos contidos na aula virtual da EGAP desde a inscrición de acceso ata o 30 de decembro de 2024.

O prazo de presentación de solicitudes de participación nas probas de avaliación será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza e ata o 22 de xullo de 2024.

O número máximo de probas de avaliación das actividades do programa de autoformación que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a catro.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...