Novas por contido

A estabilización extraordinaria e o caos de nunca acabar

É evidente que o proceso de estabilización extraordinaria, coa famosa fórmula do “autobaremo” que a Xunta e outras forzas sindicais sempre deron por boa, é unha continua fonte de eivas e problemas. Dende a CIG sempre defendimos que esta non era a mellor forma de facer as cousas.

Así, estanse a producir cambios na “interpretación” dos criterios de baremación no medio dos procesos co que todo iso implica. Un cambio fundamental é a valoración do tempo de inactividade do persoal descontinuo, cambio que dende a CIG entendemos que é correcto.

Pero o que xa advertimos é que entendiamos que isto implica ter que avaliar os expedientes de todas as persoas participantes para implantar o proceso de xeito garantista. E niso nos atopamos co muro da Administración.

Esta cuestión é especialmente importante nas categorías ou escalas de persoal bombeiro/a forestal e emisorista/vixilante do SPIF, aínda que tamén hai outras categorías ou escalas afectadas en menor medida.

Por todo isto, dende a CIG acabamos de rexistrar un escrito dirixido á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal pedindo que se solucione esta cuestión con sentidiño e se valoren todos os expedientes para evitar eivas maiores.

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...