Novas por contido

O persoal que participou no desenvolvemento dos procesos selectivos de ensino do 2024 segue sen cobrar!!

Vai aló xa máis de medio ano da celebración no País dos exames para docentes tanto de Primaria como da ESO e o persoal tanto docente como non docente necesario para a celebración destas convocatorias segue sen cobrar.

Foron un total de 1743 prazas convocadas nas que había inscritas 21230 persoas que se distribuíron en 191 tribunais (76 de Educación Primaria e 115 entre ESO, EOI e FP). Para poder realizar estes procesos e tendo en conta que os tribunais están conformados por 5 persoas e para a apertura dos centros de ensino é  preciso como mínimo un subalterno/a e un limpador/a, fan que a o número de persoas precisas para levar a cabo con normalidade estes procesos sexa de aproximadamente dunhas 1910 persoas.

Pois tendo en conta que todos estes procesos foron no mes de xullo de 2024, e a renuncia a ser membro dos tribunais é complexa, así como as presión ao persoal non docente que a pesar de “ser voluntaria a participación” sufre presións de todo tipo para poder levar a cabo con seguridade e hixiene estas convocatorias, a Xunta aínda debe á meirande parte deste persoal os servizos prestados.

Estes adiantos que o persoal referido tivo que facer supoñen, en moitos casos adiantar centos e incluso miles de euros costeándose as viaxes, as comidas e incluso as noites de hoteis necesarias, que aínda non foron pagadas.

Esta Xunta de Galiza que se fachenda de xestión e sentidiño debería escoitar para sí o que tanto cacarexa e pagar dunha vez o traballo feito, aboando os xuros de demora polo atraso indebido.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...