Novas por contido

Semanas para proceder a substituír ao persoal no exercicio dos seus dereitos e a prestación do servizo en formato “servizos mínimos”

A CIG denunciamos o sistema de chamamentos do Consorcio, con listaxes de contratación con total falta de transparencia, en numerosas ocasións dende hai máis de 15 anos (Valedora do Pobo, Parlamento, ITSS, etc.)

Levabamos tempo, cando insistiamos coa necesidade de celeridade nas coberturas, que nos facían chegar, dende o Departamento de Persoal ou as Xerencias Adxuntas, recibindo ameazas máis ou menos explícitas sobre o caos que se ía producir cando pasaramos á Xunta. 

Agora, despois da integración do persoal do Consorcio na Xunta, tras a  publicación da RPT na Consellería de Política Social e a funcionarización das listas de contratación, mudou o sistema de chamamentos.

 Xa non só temos que aturar unhas listas sen transparencia, onde as traballadoras non saben a súa orde de prelación para chamamentos en cada momento, senón que temos que ver como os chamamentos se someten a dous filtros: o da Consellería e o do Consorcio. E, a todo isto, hai que engadir a desidia da Xerencia en que se xestione dilixentemente.

Fáisenos chegar aos cadros de persoal que toda esta desfeita vén por tomarmos a decisión de  pertencer á Xunta, que “nolo buscamos”. Semella que tiñamos que aturar os salarios de oitocentos e mil euros e que tiñamos tamén que soportar o trato maternalista das xerencias (en vigor aínda).
Seica a culpa de todo a temos os sindicatos, pero tamén a grande ambición das traballadoras e traballadores: queremos traballar 35h, queremos ter reducións de xornada, levar ás nosas crianzas a pediatría...Para esta xente sempre vivimos e conciliamos por riba das nosas posibilidades.

Nestas semanas, moitos centros de traballo estaban sen persoal PSX co que,  a montaxe de comedor e recollida e as camas das sestas cando menos, está a facelo o persoal educativo, abandonando tarefas propias porque hai que “priorizar”. Iso si, dende SS.CC., ameazaban ás direccións dos centros se avisaban ás familias para suspender os servizos que non se podían dar por falta de persoal. 

A falta de coberturas esixe tamén mover os horarios do persoal para poder atender ás aperturas e peches sen incumprir rateos polo que, as traballadoras están nunha incerteza constante. Con frecuencia, vai tan lenta a dilixencia que, ás veces, o permiso  remata  sen que se cubra e non o anulan en chamamentos, polo que fan unha oferta inexistente e a traballadora substituta atópase sen un traballo que aceptou.

O  sistema de chamamentos, ao final, ven sendo o mesmo porque se ocupa o Consorcio: cubro o que me dea a gana e fágovos sufrir un pouco máis, para que saibades o que vos perdestes por ter tanta ambición e querer deixarnos atrás.

Cumpride coa lexislación laboral e deixádenos de amolar!!!!

Outras novas recentes

Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convocatoria de promoción interna ao corpo superior-A1. Descargar Convocatoria...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...