Novas por contido

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal comunicounos que o vindeiro día 5 de maio de 2025 publicarase no Diario Oficial de Galicia, a Resolución do 29 de abril de 2025, pola que se modifica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas de prevención e defensa contra incendios forestais.

O prazo para poder emendar o defecto que motivou a exclusión rematará o día 19 de maio de 2025.

Outras novas recentes

Luns, 12 Mai 2025

Borrador para a revisión de acordo do persoal veterinario

Dende a vicesacretaría xeral da Consellería de Sanidade veñen de convocarnos ás catro organización sindicais asinantes do acordo para a ordenación e mellora da prestación de servizos veterinarios oficiais no ámbito da Xunta de Galicia a unha xuntanza previa o vindeiro venres día 16 de maio sobre a proposta de modificación do dito acordo para súa negociación. Para iso...
Luns, 12 Mai 2025

Diñeiro para letrados/as e control político do IGE

A Presidencia da Xunta consumou un incremento retributivo para o seu persoal da escala de letrados/as e un cambio na estrutura para un mellor control político do Instituto Galego de Estatística. Estas medidas foron aprobadas na Comisión de Persoal do xoves 8 de maio de 2025, co voto en contra de CIG, abstención de CCOO e UGT, e voto favorable de CSIF. Letrados/as Non...
Luns, 12 Mai 2025

A silandeira homenaxe da EGAP ás cantareiras polo 17M

Un ano despois da inadmisíbel eliminación de tódolos actos conmemorativos do Día das Letras Galegas, a dirección da EGAP segue na súa liña de tentar acalar a lingua e cultura galegas, malia a que, precisamente, un dos motivos da existencia da Escola é a normalización e difusión do galego na Administración pública. Unha mostra máis de que as persoas responsábeis da Escola...