Novas por contido

No DOG do 07/05/2025 publican a RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se modifica a Resolución do 28 de xaneiro de 2025 pola que se acorda a apertura do período de presentación de solicitudes de elección de postos de traballo e o procedemento de xustificación da posesión de méritos e requisitos do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escalas de prevención e defensa contra incendios forestais.

Publican o novo prazo para a presentación de solicitudes de elección de postos de traballo, que será de quince (15) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza, concretamente desde o 8 de maio ata o 28 de maio de 2025.

Os concursantes que xa presentaron solicitude de elección de postos e non desexen modificala conservarán a inicialmente presentada.

En canto ao procedemento para a presentación das solicitudes de elección de postos de traballo e o procedemento de acreditación de méritos e requisitos, seguirase o disposto na Resolución do 28 de xaneiro de 2025. O prazo para acreditar méritos rematará segundo o indicado no punto primeiro desta resolución.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

A CIG mobilízase para reclamar salarios dignos fronte á carestía da vida

XFcfJrNfTHw A CIG-Administración reivindica o estabelecemento dunha cláusula de revisión ao IPC, medidas que faciliten o acceso á vivenda e mellores condicións laborais Máis de 200 delegadas e delegados dos distintos sectores que integran a CIG-Administración Pública manifestáronse este mércores 4 de novembro en Compostela contra a perda de poder adquisitivo do persoal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...