Novas por contido

A nómina, que se entenda

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Muíños, máximo responsable da xestión desta entidade, non está a cumprir adecuadamente coas funcións e responsabilidades inherentes ao cargo para o que foi nomeado. É imperativo salientar que esta deficiente xestión afecta, engadindo ao persoal substituto, a máis de 2000 persoas traballadoras.

O persoal encargado das nóminas é insuficiente (dúas traballadoras). Os problemas de eivas na xestión de persoal son endémicos no Consorcio, engadíndose agora os derivados dos procesos de estabilización, a integración do persoal como propio da Xunta e a súa funcionarización, o cambio de vínculo do persoal temporal a funcionarizado interino e xestión de nóminas tras as sentenzas sobre a carreira profesional de 2019.

A inseguridade que sofre o persoal ao non saber se os pagamentos son correctos causa un grave prexuízo na saúde laboral das traballadoras e traballadores. As nóminas do Consorcio son máis un xeroglífico que un documento intelixible para quen as recibe e non hai ninguén en servizos centrais que conteste ás dúbidas nin que explique os conceptos.

As nóminas do persoal, produto da falta de medios humanos e o estrés laboral que xera, veñen con moitos erros:

• Non se están pagando os trienios ao persoal fixo funcionarizado dende hai dous meses.
• Non se lle paga, no complemento específico, o complemento de dirección as persoas que a asumen.
• Non lle pagan os trienios xa xerados a parte do persoal das listas de contratación (agora funcionarizadas).
• Erros na execución de sentenzas sobre a carreira profesional de 2019 e falta de execución de moitas das sentenzas no referido a pagamentos.
• Pagamentos do grao 2 do complemento de desempeño incompletos, cando hai sentenzas xudiciais firmes e os terían que pagar con efectos dende xaneiro de 2022 (só pagan con efectos retroactivos dende xaneiro de 2025).

A CIG pedimos:

• Que se inste ao Consorcio a que corrixan todas as irregularidades que se están a dar e que se dote ao departamento de persoal, principalmente no referido a confección de nóminas, dos medios humanos e materiais que se precisen.
• Que se estableza unha canle de comunicación fluída co departamento de persoal e se dea a resposta que se solicita nun prazo razoable.
• Que se dote ao Consorcio de persoal competente, comezando pola xerencia.

Outras novas recentes

Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Luns, 19 Outubro 2026

Convocatoria promoción interna A2-Inspección de consumo (para MSF 20/10/26)

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convoca Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario para o martes 20 de outubro, para discutir a convocatoria da promoción interna á escala de inspección de consumo, subgrupo A2. Descargar. Outra vez nos envían a documentación sen tempo abondo para a súa difusión e preparación, sen unha negociación...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...