Novas por contido

No DOG do 02/02/2026 publican a RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellaría do Medio Rural, pola que se publican as persoas aspirantes que deberán realizar as probas físicas e visuais das persoas integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías e escalas e especialidades da Administración autonómica do Servizo de Prevención de Incendios Forestais.

Publican a relación das persoas aspirantes que deberán realizar as probas físicas Field Test ou as probas visuais, previstas na base 9ª da Resolución da Dirección Xeral de Función Pública, do 30 de xaneiro de 2007, modificada pola Resolución do 14 de maio de 2019 (DOG núm. 94, do 20 de maio) e pola Resolución do 22 de xuño de 2023 (DOG núm. 119, do 23 de xuño), nas seguintes categorías e especialidades do Servizo de Prevención de Incendios Forestais:

As persoas convocadas para realizar as probas físicas e/ou visuais relaciónanse no seguinte enderezo electrónico: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/areas-tematicas/prevencion-incendios

As probas visuais terán lugar no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, situada en Santiago de Compostela, na rúa Madrid, 2-4 (Fontiñas), os días 9, 10 e 11 de febreiro de 2026. As persoas convocadas á dita proba deberanse presentar no día e hora establecidos na relación publicada na ligazón indicada no punto anterior.

As persoas aspirantes que vaian realizar o Field Test deberán remitir, no prazo de cinco (5) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución, un certificado médico oficial ou informe sobre o estado de saúde, asinado por un/unha colexiado/a en exercicio en que se faga constar que non presenta ningunha enfermidade ou discapacidade que impida o correcto desenvolvemento dunha proba de esforzo físico.

Este certificado deberá ter unha antigüidade máxima de 3 meses respecto da data de publicación desta resolución. Non se terán en conta certificados médicos que non recollan o sinalado anteriormente.

Estas probas terán unha validez dun ano desde a súa realización, e o persoal, antes de ser contratado ou nomeado, deberá acreditar a vixencia da proba realizada co resultado de apto/a.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...
Venres, 30 Outubro 2026

Nomeamentos como persoal funcionario de carreira e apertura do prazo posesorio de varios procesos selectivos

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se nomean persoal funcionario de carreira no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de condución, as persoas aspirantes que superaron algún dos procesos selectivos convocados polas...