Novas por contido

No DOG do 18/02/2026 publican a RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se convocan para realizar as probas físicas as persoas aspirantes integrantes das listas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, correspondentes a determinadas categorías e escalas e especialidades da Administración da Comunidade Autónoma de Galiza do Servizo de Prevención de Incendios Forestais.

Convocan as persoas aspirantes que achegaron o certificado médico para a realización da proba física Field Test, que teñen número de orde para ser chamadas para algunha das seguintes especialidades das listas elaboradas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo:

A proba física Field Test realizarase os días 24, 25, 26 e 27 de febreiro de 2026, no estadio municipal Vero Boquete, sito na avenida de Fernando de Casas Novoa, 20, San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña). 

A relación definitiva de aspirantes convocados á realización da proba física e o día e hora en que deberán presentarse relaciónanse na seguinte ligazón: https://ovmediorural.xunta.gal/ gl/areas-tematicas/prevencion-incendios

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna de corpos xerais; funcionarización en excedencia; finanzas-veterinarios/as-agacal-gain-intecmar (MSF e MX 10/11/26)

O martes 10, véspera da Folga Xeral, asistimos á Mesa Xeral e Mesa Sectorial de Persoal Funcionario, nas que se trataron as convocatorias de promoción interna a corpos xerais e dos procesos de funcionarización de persoal laboral fixo que está en excedencia. Na rolda aberta de intervencións a DXEP deu información da escala de finanzas, da repesca de funcionarización de...