Novas por contido

Este venres publicarase no Diario Oficial de Galiza (DOG) a resolución para a apertura do prazo de novas inscricións para as listas de contratación temporal da Xunta de Galiza. Segundo a información adiantada, prevese a apertura dun gran número de categorías. 

A actualización de datos do Consorcio presenta actualmente un atraso significativo. Para solventar esta situación, tomáronse as seguintes medidas:

  • Incorporáronse 3 persoas ao servizo para axilizar a gravación e actualización de datos.
  • Polo falado na reunión parece ser que as primeiras citacións para centros do Consorcio van ser para a escala de Educación Infantil. Posteriormente irán incorporándose o resto.
          

 Situación das listas de  PSX e persoal Xerocultor.

Debido ao alto volume de traballo derivado das novas inscricións, o cronograma para estas categorías específicas queda fixado do seguinte xeito:

  • Pasado os primeiros días de marzo (polo volume de novas inscricións nesas datas): publicarase no DOG unha resolución para abrir o prazo de modificación de ámbitos nas solicitudes antigas.
  • Procedemento: Esta resolución é necesaria xa que o sistema non permite abrir a modificación de ámbitos de forma individual para unha soa lista.
  • Baremo: unha vez rematado o proceso de modificación de ámbitos e actualizados os datos do Consorcio, publicarase o baremo provisional.
          

Calendario de Reunións
      
A próxima xuntanza da Comisión de Seguimento está fixada para o vindeiro 25 de marzo.

Outras novas recentes

Martes, 20 Outubro 2026

Destinos limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc. (DOG 30/09/26), inspección consumo, inspección turismo, veterinarios/as-2024. Convocator...

Información da Mesa Sectorial de Negociación de Persoal Funcionario, do 20/10/26: Nomeamento das escalas convocadas a escoller destino no DOG 30/09/26 (limpeza, cociña, mantemento, RRNN, etc, que agrupou 18 convocatorias de procesos selectivos: afirma a DXEP que publicarán a resolución co nomeamento e destino adxudicado no DOG do 30/10/26. En canto á data de toma de...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...
Mércores, 28 Outubro 2026

Xuntanza para a modificación da Orde de horarios do Servizo de Gardacostas (23/10/2026)

Despois da reunión de mesa sectorial de hai un mes onde se abordou a modificación da Orde do 2 de maio de 2006 pola que se establece o réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións, licenzas e permisos e compensacións económicas para percibir polo persoal do Servizo de Gardacostas de Galiza, é previo á levar o texto á Comisión de Persoal onde se aprobaría, a...