Novas por contido
Nesta xuntanza comunicáronsenos as datas relevantes de resolucións de adxudicacións de destino, cesamentos, incorporacións, tomas de posesión e outras informacións sobre escolas infantís (A2 e C1), persoal auxiliar coidador, escalas sociosanitarias, e outros asuntos (comisións de servizo, conciliación, adaptacións de postos, prestacións por embarazo e COMEs).
 
Na reunión urxente á que nos convocou Emprego Público, que comezou ás 13:00 h, tratáronse as seguintes tomas de posesión, así como outros asuntos que che detallamos deseguido: 

ESCOLAS INFANTÍS (A2 e C1)

  • Resolución de adxudicacións de destino e concurso de traslados: venres 07/08
  • Cesamento: 17/08
  • Data de incorporación: 01/09
  • Tomas de posesión: do 18/08 ao 01/09
  • A toma de posesión será telemática: entre esta semana e a seguinte publicarán no web de FP a forma para asinar. En principio, indican que non esixirán nin chave 365 nin certificado dixital.
  • Listas complementarias de C1: o acto de eleccións de destino (concurso-oposición + libre) será na segunda quincena, co cal antes publicarán o listado de persoas aprobadas, dando un prazo para entregar documentación (e indicarán as datas correspondentes).

PERSOAL AUXILIAR COIDADOR 

  • Resolución de adxudicacións de destino e concurso de traslados: na semana do 10/08
  • Cesamento: 31/08
  • Toma de posesión: 01/09 nos centros de traballo (prazo de 15 días naturais)
  • Non aclaran a data de incorporación.
  • O mesmo día da publicación das adxudicacións de destinos irá publicada a listaxe complementaria de persoas aprobadas (e indicarán as datas correspondentes).

ESCALAS SOCIOSANITARIAS 

  • Resolución de adxudicación de destinos e concurso de traslados: entre o 10 e o 20 de agosto
  • Cesamento: 30/09
  • Toma de posesión e incorporación: 01/10 (prazo 15 días naturais)
  •  Emprego Público indica que irán publicando as listaxes complementarias de persoas aprobadas até completaren todas as vacantes.

ASUNTOS VARIOS 

  • Comisións de servizo: no caso das escolas infantís tentarán sacalas dende o 10/08, condicionadas á toma de posesión
  • Queren sacar todas con data límite do 25 de agosto, na cal que terían que lanzar as vacantes a listas de contratación.
  • No resto destas escalas irán anunciando as comisións de servizo conforme avancen os procesos.
  • Agás nas escolas infantís, as persoas que estean desfrutando de vacacións no prazo posesorio, non poderán asinar até finalizalas.
  • Conciliación: ao darse un cambio de vínculo xurídico, todas as persoas terán que solicitar, de novo, os diferentes permisos de conciliación.
  • Adaptacións de postos: Emprego Público valorará as distintas opcións segundo o caso.
  • Prestacións por embarazo e COMEs: non se inicia o trámite de novo, pero piden que se comunique o cambio de destino/centro (para cubrir os postos).

Outras novas recentes

Martes, 29 Setembro 2026

A EGAP responde ás críticas da CIG con autoritarismo

A nosa central denuncia que a Dirección converte o Consello Reitor da Escola nun órgano decorativo A CIG non asistiu ao Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) do 23 de setembro como medida de protesta polos reiterados atrancos impostos pola Dirección da Escola á participación da única organización sindical que fiscaliza criticamente a súa...
Martes, 06 Outubro 2026

Axentes ambientais: case un ano sen o plan de igualdade específico que esixe a lei

A Xunta suspende de novo en igualdade. A Lei 4/2024, do 8 de novembro, básica de axentes forestais e medioambientais, establece unha obriga específica para as administracións competentes. O seu artigo 14 (Igualdade de xénero), dispón literalmente: As administracións responsables, de acordo co fundamento de actuación de igualdade de trato entre mulleres e homes do artigo...
Xoves, 01 Outubro 2026

Publicación listas provisionais PSX e xerocultor/a

No DOG do 01/10/2026 publican a RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de servizos...