No DOG do 19/11/2026 publican:
- RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dispón a aplicación do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, na cobertura dos postos do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servizos xerais (PSX), e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de xerocultor/a (subgrupo C2), adscritos ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
A cobertura destes postos será realizada a través das listas correspondentes ás ditas escalas reguladas polo Decreto 37/2006, do 2 de marzo, a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.
- RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de servizos xerais (PSX) (subgrupo C2), e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de xerocultor ou xerocultora (subgrupo C2).
As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe <Listas de contratación> e no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012.
Nas devanditas listas figura a seguinte información:
– Persoas solicitantes admitidas na lista con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.
– Persoas solicitantes excluídas con expresión da causa de exclusión.
As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.
