Novas por contido

Recibimos unha chamada do Sr. Barreiro, actual director xeral de Simplificación Administrativa e anterior de Función Pública, para informarnos que van facer unha proba piloto para experimentar coa futura avaliación do desempeño das persoas traballadoras da Administración Autonómica.

Resulta que en Simplificación Administrativa tiveron a xenial e marabillosa idea de “elixir” a unhas 60 persoas (por determinar) para facer esa proba piloto sobre unha avaliación do desempeño imposta, non negociada. Ante as nosas preguntas, de como querían facer exactamente, se ía ser voluntaria, a quen pretendían elixir e de que maneira ían comunicalo, dixeron o seguinte:

  • Non será voluntaria, para así evitar que o persoal se negue a facela

  • A avaliación piloto non terá consecuencias se esta resulta negativa

  • Non saben como o van comunicar nin a quen elixir polo de agora. Dende CIG-Autonómica se lle solicitou que se enviase a comunicación por escrito da información que se lle ía dar as persoas afectadas

Ocórrensenos moitas razóns para rexeitar a absurda idea do Sr. Barreiro:

  • Podería non ser legal impoñer a alguén unha avaliación do desempeño porque suporía unha discriminación difícil de xustificar, que atentaría contra o principio de igualdade

  • Non sabemos que consecuencias podería ter unha negativa a someterse a tal experimento

  • O feito de ser obrigatoria xa vicia a propia avaliación. Unha persoa que fai algo contra a súa vontade nunca terá a suficiente motivación como para satisfacer as peticións das persoas que a obrigan

  • O feito de que non teña consecuencias fai, por outro lado, que tampouco teña ningún tipo de valor, porque, realmente, que máis dá facelo dunha maneira ou doutra?

Non obstante, a razón máis importante, e que parece que non ten en conta o Sr. Barreiro, é que facer tal proba piloto é unha perda de tempo tan grande coma o seu delirio. Dada a heteroxeneidade dos postos de traballo na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, cada un dos ámbitos de traballo deberían ter diferentes xeitos de ser avaliados. Se quixese facerse unha avaliación seria, implicaría estudar cada un dos ámbitos e especialidades, determinar dun xeito individual como medir o rendemento de cada posto en concreto e establecer unha maneira de facelo que respecte a igualdade entre os traballadores e traballadoras, a súa independencia e a súa dignidade.

Xa nos tempos de Fraga, co concelleiro Dositeo Rodríguez, quixeron poñer en marcha un sistema de avaliación. Fixeron todo tipo de probas, criterios, e despois de diñeiro e anos de probas, finalmente resultou unha inutilidade que non serviu de nada. Se agora queren facelo ben, non poden pretender liquidar o asunto cun pequeno experimento con 60 persoas e pouco tempo. Terán que negociar e montar algún comité de persoas expertas en cada materia.

Se o que queren facer é inventarse outra chapuza, unha máis, xa teñen a mesa servida. O estraño sería, que, por unha vez, o fixeran ben.

Outras novas recentes

Mércores, 18 Novembro 2026

RPT do Mar (centros de ensino) (26/11/26)

A Secretaría Xeral do Mar convocounos a unha xuntanza para o xoves 26 de novembro, para tratar unha proposta de modificación da súa Relación de Postos de Traballo. A proposta afecta ás escolas oficiais nautico-pesqueira de Ferrol e Ribeira, ao instituto en acuicultura da Illa de Arousa e ao instituto marítimo-pesqueiro do Atlántico de Vigo. En todos eles crean postos de...
Martes, 24 Novembro 2026

Convocatoria xuntanza Medio Ambiente polo persoal Axente

A Secretaría Xeral Técnica de Medio Ambiente convocou á CIG a unha xuntanza para este mércores 25 de novembro (ás 16.30 da tarde), para abordar as condicións laborais do persoal axente ambiental. Ese día, 25N (Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller), un sindicato feminista como a CIG ten actos reivindicativos. É unha data inadecuada. Así llo...
Martes, 24 Novembro 2026

25N Abonda de violencia institucional contra as mulleres!

Este 25N saimos ás rúas para denunciar a violencia física, psíquica e institucional que se exerce sobre as mulleres nas/polas administracións públicas. A precariedade e tamén unha forma de violencia sobre sectores feminizados dentro do emprego público, que impide ás mulleres ter unha vida libre e independente. Por iso, agora máis que nunca, A Loita Continúa soMOnMwm84c?si