Novas por contido

Publicada no DOG Núm. 182 Mércores, 25 de setembro de 2019, RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2019 pola que se convoca o Curso superior sobre dereito de patentes.

O curso ofrecerá coñecementos específicos sobre a protección das invencións a través do dereito de patentes e dos modelos de utilidade. En particular, expoñerase a normativa aplicable ás patentes e a natureza propia deste tipo de dereitos.

Paralelamente, o curso permitirá coñecer cales son os instrumentos xurídicos para defender un dereito de patente e identificar as actividades que poden prohibirse no exercicio deste dereito. Así mesmo, o curso mostrará os mecanismos xurídicos existentes para determinar quen é o lexítimo titular dunha patente e, de ser o caso, en que circunstancias pode cederse ou licenciarse o seu uso a terceiros, especialmente cando a titular ou a destinataria da cesión da patente é a Administración.

Dirixido a persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administración públicas de Galicia, tanto autonómica, como local e de xustiza, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia e das universidades do Sistema universitario de Galicia que se encadren nalgunha das seguintes categorías:

a) Grupo A (subgrupos A1 ou A2) do persoal funcionario.

b) Grupos I ou II do persoal laboral.

No caso de non cubrirse a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán cubrirse por profesionais que estean en posesión do título de doutoramento, licenciatura, diplomatura, grao, arquitectura, enxeñaría, arquitectura técnica ou enxeñaría técnica.

As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación da convocatoria do curso no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 1 de outubro de 2019.

Outras novas recentes

Martes, 27 Xaneiro 2026

Xa está demostrado: o 2´5 % é un novo recorte encuberto no noso salario 

1uE7VrJ7IlA A CIG denuncia que o custe da vida subiu por riba da suba do Acordo salarial para 2025 e esixe incrementos superiores ao IPC, o estabelecemento dunha cláusula de garantía salarial e unha negociación colectiva real O incremento salarial do 2,5 % que o persoal empregado público percibiu estes días na súa nómina, non supón ningunha mellora real das retribucións...
Martes, 03 Febreiro 2026

Campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2026 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galiza

No DOG do 03/02/2026 publican a RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellaría de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se dá publicidade á campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2026 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galiza. É aplicable a todos/as os/as traballadores/as da Administración xeral da Xunta de...
Luns, 02 Febreiro 2026

Xuntanza do CSSL de Medio Ambiente (17/12/2025)

O 17 de decembro tivo lugar unha reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Medio Ambiente, na que se trataron diferentes cuestións relativas á seguridade e saúde laboral do persoal. Durante a xuntanza puxéronse á disposición dos membros do Comité as avaliacións de riscos da Caseta do Gardarríos de Xubia e do Distrito Ambiental XVIII (Gondomar). Así mesmo,...