Novas por contido

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de coidadores, convocado mediante a Resolución do 24 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 123, do 30 de xuño), pola que se fai pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Fan pública a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galiza desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

No DOG do 06/11/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

- RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

- RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (AP), escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade de persoal de limpeza e cociña, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

- RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (AP), escala de persoal subalterno, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 29 de outubro de 2025 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de coidadores, convocado pola Resolución do 24 de xuño de 2025 (Diario Oficial de Galiza número 123, do 30 de xuño).

No DOG do 06/11/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2026 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1.

- RESOLUCIÓN do 28 outubro de 2026 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso pola quenda de acceso libre no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2.

- RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2026 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso pola quenda de acceso libre no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo C1.

- RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2026 pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio do proceso selectivo, mediante o sistema de oposición, para o ingreso pola quenda de acceso libre no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2.

Amplían o prazo en 20 días hábiles.

No DOG do 05/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2026 pola que se lle dá destino definitivo ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Orde do 4 de abril de 2018 (Diario Oficial de Galiza número 68, do 9 de abril).

De conformidade co disposto na Lei 27/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse ao día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galiza.

No DOG do 05/11/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 33, bombeiro/a forestal condutor/a motobomba, do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso na categoría 100 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza, bombeiro/a forestal xefe/a de brigada, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso na categoría 33 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galiza, bombeiro/a forestal condutor/a motobomba, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso na categoría 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, bombeiro/a forestal condutor/a, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso na categoría 10B do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso na categoría 10C do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso na categoría 14 do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza, bombeiro/a forestal, pola que se fai pública unha relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo.

No DOG do 05/11/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se exclúen persoas aspirantes no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso na categoría 100 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se exclúen persoas aspirantes no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal.

- RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se exclúen persoas aspirantes no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro/a forestal.

- RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se exclúen persoas aspirantes no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso‑oposición, para o ingreso nas categorías 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza.

- RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se exclúen persoas aspirantes no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría 14 do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza.

No DOG do 05/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de bioloxía pesqueira, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, coa puntuación obtida. De conformidade co establecido na base IV.2 da convocatoria, a persoa aspirante que superou o proceso selectivo disporá dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galiza desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

No DOG do 04/11/2026 publican:

- RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2026, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de persoal de servizos xerais (PSX), subgrupo C2, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 220, do 20 de novembro) pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2026, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na escala de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais, especialidade limpeza e cociña (AP), da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 16 de novembro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 220, do 20 de novembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

- RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2026 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza (AP), escala de persoal subalterno, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución da Consellaría de Facenda e Administración Pública do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galiza número 20, do 29 de xaneiro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Publican a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións acadadas 

De conformidade coa base 4.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario oficial de Galiza destas resolucións, para presentar a documentación prevista na citada base. 

Elevan estas resolucións á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para os efectos de que as persoas que figuran nelas sexan propostas para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

No DOG do 03/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma Galiza, subgrupo A2, escala de inspectores e inspectoras de consumo.

O sistema selectivo será o de concurso-oposición.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galiza (DOG).

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Xoves, 29 Outubro 2026

Primeira xuntanza con Educación por un Acordo para o Persoal Non Docente: unha perda de tempo

A CIG denuncia a falta de compromiso e de vontade negociadora da Consellaría e advirte de que non vai permitir que se siga adiando unha reivindicación histórica do persoal non docente. As expectativas xeradas pola apertura dunha vía de negociación coa Consellaría de Educación para acadar un acordo que dea resposta ás demandas do persoal non docente quedaron frustradas na...
Venres, 30 Outubro 2026

Convocatorias de oposicións: xestión ambiental, C1, auxiliar de cociña, auxiliar de coidadores, subalterna e limpeza e cociña

No DOG do 30/10/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de concurso-oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, grupo B, escala de axentes...