Novas por contido

No DOG do 03/01/2022 publican:

- RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario, de persoal laboral fixo da Xunta de Galiza, convocado pola Resolución da Consellaría de Facenda e Administración Pública do 10 de decembro de 2020, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, escala de veterinarios (subgrupo A1), convocado pola Resolución da Consellaría de Facenda e Administración Pública do 10 de decembro de 2020, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

Anulan preguntas e publican as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao primeiro exercicio do proceso selectivo no portal web corporativo da Xunta de Galiza, funcionpublica.xunta.gal

As persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio e que non figuren na listaxe publicada pola Dirección Xeral da Función Pública no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal de persoas aspirantes que teñen acreditada a posesión do Celga requirido en calquera procedemento competencia da dita dirección xeral disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar a documentación xustificativa de estar en posesión do Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado.

Outras novas recentes

Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...