Novas por contido

No DOG do 11/05/2022 a EGAP publica a RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2022 pola que se convoca un curso de formación en prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación.

Poderá participar na acción formativa convocada mediante esta resolución o persoal dos equipos de alarma e evacuación, de primeira intervención e de primeiros auxilios, así como o persoal que desempeñe a xefatura de emerxencia e/ou primeira intervención do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, sito na rolda da Muralla, 70.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 19 de maio de 2022.

Outras novas recentes

Martes, 29 Setembro 2026

A EGAP responde ás críticas da CIG con autoritarismo

A nosa central denuncia que a Dirección converte o Consello Reitor da Escola nun órgano decorativo A CIG non asistiu ao Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) do 23 de setembro como medida de protesta polos reiterados atrancos impostos pola Dirección da Escola á participación da única organización sindical que fiscaliza criticamente a súa...
Mércores, 30 Setembro 2026

En mans de quen están as traballadoras do Consorcio? Alguén aos mandos? Hai alguén aí?

Xuntanza coa xerencia do Consorcio (29/09/26) O martes 22 de setembro tivemos que pecharnos no Consorcio porque a situación para moitas das traballadoras que deixaron de prestar servizos no Consorcio, é insostible. Manifestamos que non nos moveríamos do acceso ao edificio se o xerente non nos daba un día e hora para reunirnos por culpa das ilegalidades que están facendo...
Xoves, 01 Outubro 2026

A Xunta fabrica comisións de servizo: (con) concursos a contagotas e postos a dedo

Nestes días vanse dar mais postos en comisión de servizos que no concurso de traslados de corpos xerais Remata un concurso de traslados de corpos xerais e volven dispararse as comisións de servizo. Nada novo baixo o sol da Administración da Xunta: dende o 16 de setembro de 2026 (día seguinte ao da resolución do concurso) xa se concederon 292 postos en comisión de servizo....