Novas por contido

No DOG do 14/04/2023 a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada publica o ANUNCIO polo que se aproban as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas no proceso selectivo extraordinario de estabilización.

Outras novas recentes

Venres, 24 Abril 2026

A CIG anima ás compañeiras da plataforma a seguir na loita pola dignificación da educación de 0 a 3 anos

Dende hai anos, a CIG sempre se posicionou a favor de todo tipo de accións e mobilizacións para conseguir melloras nas condicións laborais do persoal que traballa nas escolas infantís e tamén, consecuentemente, pola calidade do servizo público que se presta. Nos últimos tempos, e por mor da deriva privatizadora do Partido Popular, estase a tratar de igualar á baixa as...
Luns, 20 Abril 2026

A CIG consegue que os trienios do persoal descontinuo se cobren ao 100%

Desde a CIG temos o orgullo de anunciar unha nova vitoria xudicial que pon fin a unha discriminación que viña sufrindo o persoal laboral fixo, indefinido e descontinuo da Xunta de Galiza A CIG foi o único sindicato que tomou a iniciativa de presentar un conflito colectivo contra a Xunta para denunciar que a Administración non estaba recoñecendo correctamente o valor dos...
Venres, 17 Abril 2026

A CIG esixe a publicación inmediata da toma de posesión dos axentes ambientais

As persoas que aprobaron o proceso selectivo da escala de axentes técnicos en xestión ambiental, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (Resolución do 16 de novembro de 2023, publicada no DOG núm. 221 do martes 21 de novembro do 2023), seguen sen coñecer en que data van tomar posesión...