Novas por contido

No DOG do 28/09/2023 a EMPRESA PÚBLICA DE SERVIZOS AGRARIOS GALEGOS, S.A. publica:

- ANUNCIO polo que se convocan os procesos selectivos derivados da oferta de emprego público aprobada polo Decreto 209/2022 para a cobertura de diferentes postos de persoal laboral.

- ANUNCIO polo que se fai pública a apertura do prazo de actualización de méritos e/ou incorporación de novas solicitudes a diversas categorías profesionais do sistema de listas previas para a selección de persoal temporal.

A información relativa a estes anuncios está exposta na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), sita no polígono industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).

 

 

Outras novas recentes

Xoves, 19 Novembro 2026

Aplicación do Decreto 37/2006 e listas definitivas de PSX e xerocultura

No DOG do 19/11/2026 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se dispón a aplicación do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, na cobertura dos postos do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servizos xerais (PSX), e do corpo de auxiliares...
Mércores, 18 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais, destinos veterinarios/as, gardacostas, PSX, funcionarización en excedencia (CP 17/11/26)

Na Comisión de Persoal do 17 de novembro votáronse as convocatorias de procesos selectivos de promoción interna para o corpo superior A1, corpo de xestión A2, e corpo auxiliar C2 . O noso voto foi en contra das bases desas convocatorias xa que non estamos conformes coas restricións do número de prazas, de escalas nin de recualificación dos postos ou dalgún sistema que...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...