Novas por contido

No DOG do 13/10/2023 publican a RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática, convocado pola Resolución do 21 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 244, do 22 de decembro), pola que se publican diversos acordos.

Publican as novas puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no portal web corporativo da Xunta de Galiza funcionpublica.xunta.gal

Outras novas recentes

Martes, 25 Agosto 2026

En que plan estamos? U-los recursos para desenvolver a ampliación da formación do funcionariado incluída no novo Plan da lingua galega

O novo Plan da lingua galega promete aumentar a formación do funcionariado sen contar cos recursos precisos Urxe unha solución para o persoal laboral da categoría de titulado/a superior lingüista ao non se corresponder a carga de traballo coa xornada parcial aprobada pola RPT O día 13 de xullo de 2026 publicouse no DOG a Resolución do 6 de xullo de 2026 pola que se nomean...