Novas por contido

No DOG do 03/01/2024 a AXENCIA DE TURISMO DE GALIZA publica a RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2023, do tribunal nomeado para xulgar o proceso selectivo extraordinario, convocado pola Resolución do 28 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 248, do 30 de decembro), pola que se aproba e se fai pública a baremación definitiva do exame tipo test e se dá publicidade de diversos acordos.

Aproban e fan pública a baremación definitiva do exame tipo test da fase de oposición do proceso selectivo, recollida no anexo, que poderá consultarse no portal web corporativo da Axencia Turismo de Galiza, no enderezo electrónico: https://www.turismo. gal/espazo-institucional

Declaran vacante a praza de profesor/a de Hixiene, Dietética e Nutrición, xa que ningunha das persoas aspirantes admitidas ao proceso superou a proba escrita. Esta praza terá que ser convocada de novo, de acordo co procedemento que no seu momento se determine.

Aproban e fan público o día, a hora e o lugar de realización da segunda proba (defensa unidade didáctica) da praza de profesor/a de prácticas do Departamento de Servizos (grupo II), que terá lugar, o venres, 2 de febreiro de 2024, ás 16.30 horas, na sede do Centro Superior de Hostalaría de Galiza (A Barcia. Estrada Santiago-Noia km 3, 15896 Santiago de Compostela). A esta proba soamente terán acceso as persoas que acadaron un mínimo de 20 puntos na proba escrita, en virtude do acordo do tribunal, do 4 de outubro de 2023.

Outras novas recentes

Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...