Novas por contido

No DOG do 09/01/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 20 de xaneiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, no salón de actos da Facultade de Dereito, en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de diciembre), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 20 de xaneiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 6 da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de montes, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 20 de xaneiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas 4 e 5 da Facultade de Dereito en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de laboratorio, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións de 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 20 de xaneiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, na aula 7 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 20 de xaneiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 7 da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C1, escala técnica de cociña, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do exercicio da fase de oposición.

Terá lugar o día 20 de xaneiro de 2024, ás 9.00 horas, no salón de actos e na aula 1 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, na avenida Dr. Ángel Echeverri, s/n, 15782 Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2023, do tribunal cualificador do proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala de auxiliar de mantemento, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o 20 de xaneiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, na aula 9 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade psicoloxía (Diario Oficial de Galiza número 231, do 5 de decembro), convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 20 de xaneiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 1 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2023, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concursooposición, para o ingreso na escala auxiliar de recursos naturais e forestais, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións de 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 26, do 7 de febreiro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 20 de xaneiro de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, na aula 6 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

Outras novas recentes

Venres, 22 Mai 2026

“Quen vai de última?” A vergonzosa opacidade nas listas de PSX e xerocultoras/es

A vergonzosa realidade que estamos a vivir nos centros do Consorcio e da que a Xunta de Galiza permite mirar para outro lado. Vas ao supermercado a facer a compra, hai cola e preguntas "quen vai de última?". Alí danche un número e sabes que se respecta a quenda. Pois ben, traballar para o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar hoxe en día é peor que ir ao...
Mércores, 27 Mai 2026

CIG, CUT e SNEP, convocamos folga o 3 de xuño no sector de Infantil 03 da pública e da privada

As tres organizacións sindicais, CIG (Ensino e Autonómica) - CUT - SNEP, chamamos o próximo mércores 3 de xuño á loita e mobilización dos 3 sectores cun mesmo fin: “Melloras laborais, sociais e salariais: convenios dignos e xustos”, así como baixada das ratios, máis persoal na atención directa, xornadas xustas, máis recursos, mellores instalacións... A CIG, CUT e SNEP,...
Mércores, 27 Mai 2026

Persoal da promoción interna de 2023 da Xunta exixe que se respecte o seu dereito a ter destino definitivo

Concentración en San Caetano ante a falta de solucións e información transparente por parte da Consellaría de Facenda Centos de compañeiras e compañeiros da promoción interna de 2023 concentrámonos este mércores 27/05/2026 diante do complexo da Xunta de Galiza en San Caetano para exixirlle á directora xeral de Emprego Público e ao conselleiro de Facenda unha solución de...