Novas por contido

No DOG do 20/05/2024 o INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA publica o ANUNCIO do 8 de maio de 2024, da Comisión de Selección, polo que se publica a Resolución do 3 de maio de 2024 pola que se fai pública a lista anonimizada provisional de admitidos/as e excluídos/as e se abre o prazo para presentar reclamacións en relación co proceso de elaboración das listas conxuntas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Xesgalicia, Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A., para a contratación temporal de persoal técnico superior (Diario Oficial de Galiza número 206, do 30 de outubro de 2023).

Dáselles un prazo de tres (3) días hábiles ás persoas interesados para presentar as reclamacións que consideren oportunas, prazo que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galiza.

Outras novas recentes

Venres, 16 Outubro 2026

A Dirección Xeral de Emprego Público pasa o rolete pola Lei de medidas e a Lei de orzamentos de 2027, sen negociar (CP 15/10/26)

Na xuntanza da Comisión de Persoal do 15 de outubro, a directora xeral volveu ás andadas de facer imposíbel calquera posibilidade de negociación efectiva, impedindo que haxa calquera avance nas condicións laborais do persoal da Administración xeral da Xunta e entes. Xa se está a convertir en costume ter que dicirlle á diretora xeral de Emprego Público que coa CIG non conte...
Mércores, 14 Outubro 2026

A DXEP acumula atrasos, evita dar prazos e deixa sen resposta as demandas da CIG

A rolda aberta de intervencións da Mesa Xeral volveu evidenciar unha Administración instalada na demora e na falta de transparencia. A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (DXEP) confirma que haberá "repescas" en todos os procesos de estabilización e acceso libre, pero non pon datas; non responde ante o caos no Consorcio e alega descoñecer a...
Martes, 13 Outubro 2026

A Xanela. Boletín de CIG-Autonómica. Setembro/2026

Neste boletín: - E despois de todo isto? Que vai pasar cando rematen os concursos e tomas de posesión - Medio Rural asina acordos aos cachos para o persoal do SPIF - Concurso específico (a libre designación encuberta con estabilidade de 5 anos) - Movementos tras o concurso ou destino definitivo - Persoal non docente: chegou o momento de negociar Descargar