Novas por contido

No DOG do 21/06/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

- RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado mediante a Resolución do 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galiza número 241, do 17 de decembro) pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Fan pública, como anexos a estas resolucións, as baremacións provisionais da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida polas persoas aspirantes, de conformidade co disposto na base II.2 das convocatorias.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

A CIG convoca 17 mobilizacións por todo o país na xornada de folga xeral do 11N

A central nacionalista empraza a clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas A CIG anunciou a convocatoria dun total de 17 mobilizacións por todo o país durante a xornada de folga xeral prevista para o vindeiro 11 de novembro baixo o lema 'Galiza en loita por unha vida digna'...
Venres, 13 Novembro 2026

Promoción interna corpos xerais; funcionarización en excedencia (para CP 17/11/26)

A directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal convocounos a unha xuntanza da Comisión de Persoal que será o martes 17 de  novembro, coa seguinte Orde do día: Convocatoria do proceso de funcionarización para o persoal laboral fixo que está na situación de excedencia. Descargar Convoctoria de promoción interna ao corpo superior-A1 Convocatoria de promoción...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...