Novas por contido

No DOG do 26/06/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala superior de estatísticos/as, convocado mediante a Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galiza número 129, do 7 de xullo) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 3 de xullo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid 2-4, en Santiago de Compostela.

- RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información (Diario Oficial de Galiza do 7 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Terá lugar o día 3 de xullo de 2024, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, nas aulas 2 e 11 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no polígono das Fontiñas, na rúa de Madrid 2-4, en Santiago de Compostela.

Outras novas recentes

Martes, 25 Agosto 2026

En que plan estamos? U-los recursos para desenvolver a ampliación da formación do funcionariado incluída no novo Plan da lingua galega

O novo Plan da lingua galega promete aumentar a formación do funcionariado sen contar cos recursos precisos Urxe unha solución para o persoal laboral da categoría de titulado/a superior lingüista ao non se corresponder a carga de traballo coa xornada parcial aprobada pola RPT O día 13 de xullo de 2026 publicouse no DOG a Resolución do 6 de xullo de 2026 pola que se nomean...