Novas por contido

No DOG do 02/07/2024 publican:

- ACORDO do 27 de xuño de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 121, do 27 de xuño), polo que se dá publicidade a diversos acordos.

Propoñen as persoas participantes relacionadas no anexo a que se refire o punto primeiro deste acordo para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

- RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2024 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 121, do 27 de xuño).

- RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2024 pola que se nomean como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galiza número 65, do 4 de abril).

Outras novas recentes

Venres, 23 Outubro 2026

Voto en contra do PP a máis cursos de galego e á xornada completa do persoal lingüista (Pleno do Parlamento do 20/10/26)

Un grupo nutrido grupo de lingüistas e unha representación da CIG acudimos ao Pleno do Parlamento o 20 de outubro, onde se debateu sobre a situación límite que está a soportar este persoal e a altísima demanda de formación en galego desatendida ano tras ano pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP). O BNG presentou unha iniciativa para ampliar a dotación de cursos...
Martes, 27 Outubro 2026

A Xunta pretende pechar en falso a negociación do persoal lingüista (grupo I-40) após dous meses sen facilitar os datos básicos

A CIG denuncia que a Consellaría de Cultura convoca a terceira mesa de negociación sen achegar a información sobre cargas de traballo, necesidades de persoal e externalizacións, nin ofrecer garantías contra a precariedade, a desregulación e as desigualdades salariais.  O 20 de outubro, Casares, deputado do PP, anunciaba no Pleno do Parlamento un principio de acordo, acadado...
Mércores, 21 Outubro 2026

A loita polas condicións laborais do Persoal Non Docente dos centros de ensino

Logo de anos de loita semella que comeza a verse algo de luz ao final do túnel, estamos expectantes ante a reunión que nos agarda. Creemos que é fundamental unha regularización e actualización das funcións así como dotar dunha estrutura organizativa departamental encamiñada á profesionalización, acorde coas novas realidades técnicas  e  que dea resposta ás necesidades...