Novas por contido

No DOG do 19/07/2024 publican:

- RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza e no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, pola que se se fai pública a baremación provisional da fase de concurso de determinados corpos, escalas e especialidades.

Corpos, escalas e especialidades do persoal funcionario do subgrupo C2 en que se publica o baremo provisional

Corpo de auxiliares de carácter técnico

Escala de gardas de recursos naturais

Escala auxiliar de mantemento Escala de auxiliar de laboratorio

Escala auxiliar de condución

Escala auxiliar de recursos naturais e forestais. Especialidade de oficial

Escala auxiliar de recursos naturais e forestais. Especialidade de mariñeiro vixilante

- RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, en categorías do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galiza, pola que se fai pública a baremación provisional da fase de concurso.

Categorías de persoal laboral do grupo IV nas que se publica o baremo provisional

Cat. 7. Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación

Cat. 20. Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza)

Cat. 21. Oficial/a 2ª carpinteiro/a. Auxiliar carpintaría

Cat. 24. Xastre/a

Cat. 25. Cargador/a. Tremoísta

Cat. 31. Legoeiro/a

Cat.32. Operador/a codificador/a datos defensa contra incendios

Cat. 34. Axudante de restauración e proxección cinematográfica

Cat. 37. Oficial 2ª mecánico máquinas de defensa contra incendios forestais

Cat. 39. Auxiliar de autopsia

A puntuación provisional obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

Outras novas recentes

Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...
Venres, 13 Novembro 2026

RPT Emprego, Comercio e Emigración (11/11/26)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, convocou aos sindicatos a unha xuntanza para falar da súa proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da consellería. Descargar Contactamos coa consellería para pedir explicacións polo feito de que nos convocasen con menos de 48 horas de antelación (restando a xornada de Folga Xeral), o que imposibilita estudar...
Venres, 13 Novembro 2026

Agacal, Gain e Intecmar quedan para a seguinte OEP de funcionarización

A directora xeral de Emprego Público comunicounos na Mesa Xeral do 10 de novembro de 2026 que o persoal de AGACAL, GAIN e INTECMAR quedará para a seguinte OEP de funcionarización (para a cal non teñen data) porque aínda non está integrado. A integración é un requisito previo para que o persoal que o desexe poida funcionarizarse. Sen convocatoria á CIG para as negociacións...