Novas por contido

No DOG do 17/10/2024 publican a RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 22 de xuño de 2022 pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Publican a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Elevan esta relación ao titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarios/as de carreira.

Outras novas recentes

Venres, 24 Xullo 2026

Axudas á conciliación da vida persoal, familiar e laboral por redución da xornada de traballo

No DOG do 24/07/2026 publican a ORDE do 9 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida persoal, familiar e laboral, por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da corresponsabilidade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021- 2027, e se convocan para o ano 2026...
Martes, 28 Xullo 2026

Asistencia a sinatura electrónica. Procesos selectivos agronómica, agrícola, obras públicas, informática e arquivos (CP 23/07/26)

Emprego Público pasa outra vez o rolo e aproba varios procesos selectivos co voto en contra de todas as organizacións sindicais Na Comisión de Persoal (CP) do 23 de xullo constátase unha vez máis o desprezo negociador da Dirección Xeral de Emprego Público (DXEP) que usa ás organizacións sindicais, representantes lexítimos do persoal da Xunta de Galiza, como meros...
Martes, 28 Xullo 2026

Cadro de persoal de investigación de carácter laboral da comunidade autónoma; elección de destino de Gain (MX 23/07/26)

A creación do cadro de persoal de investigación laboral nos organismos de investigación veu á Mesa sen negociación previa coa representación das traballadoras e traballadores de cada entidade, deixando fóra 32 organismos dos 50 recoñecidos oficialmente, excluíndo ao persoal de xestión da innovación e omitindo as funcións efectivas dos postos, ademais dunha clasificación...