Novas por contido

No DOG do 05/12/2024 publican a baremación definitiva da fase de concurso de diversos concursos-oposicións de estabilización da Lei 20/2021:

- Subgrupo A1, escala de profesores numerarios dos institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade navegación marítima.

- Subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.

- Subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial.

- Subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de terapia ocupacional.

- Subgrupo C2, especialidade de arquivos e bibliotecas.

- Subgrupo A1, escala de inspección urbanística, especialidade xurídica.

- Subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de enfermaría.

- Subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de fisioterapia.

A puntuación definitiva obtida polas persoas baremadas figura reflectida no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta

As persoas aspirantes que formularon alegacións á baremación provisional a través de Fides poderán consultar en fides.xunta.gal as respostas motivadas ás súas alegacións.

Outras novas recentes

Luns, 09 Novembro 2026

Dúbidas ante a folga xeral do 11 de novembro

Respostas ás preguntas máis frecuentes para que todas as persoas traballadoras poida facer valer os seus dereitos Desde a CIG tentamos responder ás principais dúbidas que xiran arredor da convocatoria de Folga Xeral do vindeiro 11 de Novembro para que todas as persoas traballadoras do país poidan facer valer os seus dereitos e secundar a mobilización con liberdade. 1. Cal...
Xoves, 05 Novembro 2026

Seaga paraliza o seu primeiro plan de igualdade após tentar aprobalo sen negociación efectiva

A sociedade mercantil pública autonómica cancelou dúas reunións consecutivas e deixou a negociación sen nova data. A CIG Administración Autonómica exixe retomar de inmediato os traballos, completar a diagnose e acordar medidas reais para o persoal. A CIG, sindicato maioritario nos comités de empresa da Coruña, Lugo e Ourense, denuncia as actuación da Empresa Pública de...
Venres, 06 Novembro 2026

Convocatoria para elección de destino definitivo: auxiliar de xerocultura e PSX

No DOG do 06/11/2026 publican a RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2026 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso no corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galiza, subgrupo C2, escala auxiliar de xerocultor/a e...